Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: O sol de Eva María / Non tiña intención de...

martes, 22 de junio de 2021
O sol de Eva María

Dicían aqueles naqueles tempos que Eva María marchaba buscar o sol á praia. Eu de rapaz atopábao nos lameiros dos Lamas e do Río Vello, nas leiras das Costelas e de Tallós, e nos terreos das Cortiñas e das Lameiras. De mozo, a maiores de atopar o sol neses lugares e en algúns máis de Baños de Molgas, tamén me abrasaba pola estrada Pingas de Orballo: O sol de Eva María / Non tiña intención de...que vai a Os Milagres, máis en concreto, lendo pola zona da Pitediña e Entrelorríos. Non necesitaba praia para poñerme coma un pote.
De adulto farteime de tomar o sol na Costa da Gándara, unha viña de case unha hectárea, que foi o meu sustento e o meu calvario, ou a miña escravitude. Por sorte ou por desgraza sempre tiven onde buscar o sol e onde tomalo. Ata en Madrid había zonas ou sitios para poñerme moreno, e a pesar de que en Madrid non hai praia. En Ourense tampouco a temos, pero varias veces ó ano sempre alcanzamos as temperaturas máis altas de España.
Si, de adulto conseguín ir á praia varios veráns. Certo que ía sempre poucos días, pero tampouco necesitaba moitos máis. Eu xa estaba cheo de sol, farto de sol e de suar a causa da Costa da Gándara. Agora, con isto da pandemia, levo dous anos sen buscar o sol na praia. Non me preocupa moito; coa idade voulle perdendo interese e coa costume de ler por fóra, andando ás veces ó sol, xa me é suficiente para seguir o ritmo do verso ou da canción de Eva María. Así tampouco teño que preparar a maleta de pel e o traxe de baño (non uso bikini) a raias.

Non tiña intención de...

Cando viña para acá, ou sexa, para onde estou, un refacho de vento pegoume no peito e un golpe de calor case me queimou a cara e as ganas. A verdade é que non tiña intención de saír, para non facelo tan cedo, xa que logo hai que ver o Nadal-Djokovic, pero por medo a que me caia a casa encima, pois boteime fóra. Tampouco tiña intención Pingas de Orballo: O sol de Eva María / Non tiña intención de...de escribir, pero... que fago?, contemplo como pasan os coches?, miro como roldan as pombas polas terrazas a ver se cazan algunha que outra faragulla de bica ou de galleta?, préstolle atención ás parvadas que din algúns? Si, mellor é escribir para entreter a mente noutras cousas e non escoitar tanta burrada.
Claro que hoxe a mente tan só se me vai a esas dúas criaturiñas de Tenerife. Non me saen da cabeza. A este respecto direi que o pai das mesmas non levaba o demo dentro... el era o demo! Hai que ser ruíns e desalmados e bestas e monstros e canallas e miserables e crueis para vingarse desa maneira da súa ex parella. Que culpa tiñan as neniñas! Realmente non teño palabras para describir toda a pena que me dá esa barbaridade.
Mellor escribir sobre a semifinal de Roland Garros entre os dous mellores tenistas que hai hoxe e sobre o inicio da Eurocopa 2020 ás nove da noite co partido Italia-Turquía. O que significa que toca televisión desde a media tarde ata a noite pecha. E a ver se con eses dous eventos non penso tanto neses anxiños que un malnacido guindou ó mar.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES