Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Condutas perigosas

viernes, 18 de junio de 2021
En Lugo está o tráfico de actualidade pola limitación a 30 por hora en boa parte da cidade e pola conversión en peonil doutro tramo da Ronda da Muralla, seguindo o proceso de retirar os vehículos do centro, que non discuto porque a primacía peonil sobre os motores é, con matices, incontestable.

Todo isto asentará, e xa o está facendo, sen alteracións importantes, porque en xeral os involucrados na circulación somos conscientes da responsabilidade que comporta.

En xeral, a ninguén se lle ocorre ir a velocidade excesiva, circular por dirección prohibida ou facer manobras perigosas que poidan provocar accidentes. Pero non todos os involucrados no tráfico actúan igual, agora que os patinetes reduciron a sua presenza e que as bicicletas harmonizan a súa circulación coas vías que se lles están habilitando. Por iso debe preocupar o comportamento dos conductores de algunhas motos de reparto que en calquera momento poden ter ou causar poblemas.

Teño a experiencia de cando hai uns días no Camiño Real puxen a intermitente dereita para torcer pola rúa do Prado, e no momento da manobra me adiantou pola dereita como unha exhalación unha moto de reparto á que non levei por diante por unha fracción de segundo.

Haberá motoristas repartidores que respectan as normas, e non chaman a atención. Si a chaman os que circulan polas beirarrúas ou por direccións prohibidas; os que se encaixan entre os vehículos parados nun semáforo para ignoralo ou saír o primeiro, ou os que adiantan pola dereita a un vehículo que indica desvío cara ese lado.

En xeral, o tráfico ben, grazas. O malo son as condutas perigosas que poden ter ou dar un disgusto.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES