Matrimonio?
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 17 de junio de 2021
Ata non hai moito, entendíase que fundar unha familia equivalía a unha unión formada por unha muller e un home unidos por lazos legais e/ou relilixiosos que tiñan un proxecto de vida en común e ata que a morte os separa.
Cando unha parella tomaba esa decisión era coa intención de ser unha soa carne e compartir o que ambos aportaban ó matrimonio ó longo de toda a vida.
En teoría tamén debían chegar virxes ó matrimonio porque as relacións sexuais eran propias da vida matrimonial e non de fóra dela.
Todos confiaban en que as cousas irían ben e, -aínda que tiveran algúns contratempos-, serían capaces de soportalos como fixeran as xeracións anteriores.
Para celebrar acontecemento tan importante facíase unha comida (e unha misa, os católicos) con familiares e amigos todo canto mellor se podía.
Así foi como se veu facendo durante tempos inmemoriables ata que chegaron os novos tempos:
Os tempos nos que:
-As relacións sexuais fóra do matrimonio son habituais.
-Tampouco teñen que ser sempre coa mesma persoa.
-Tampouco teñen que levarse a cabo entre persoas heterosexuais.
-Tampouco é necesario facer unha celebración entre ámbalas dúas familias, basta con que a parella estea a gusto.
Hai familias que nin se coñecen e outras que non se tratan.
-Tampouco é necesario que haxa papeis que certifiquen a unión; total para amarse mutuamente non fan falta.
-Tampouco hai por que formar unha familia cunha persoa do outro sexo.
-Tampouco é necesario unir os bens de ámbalas dúas persoas, cun fondo común para gastos xerais, xa basta.
-Tampouco fai falta moito tempo para poñerse a convivir baixo o mesmo teito con quen se queira.
En fin
.
¡M O I TO C A M B I O U A V I D A!
C A M B I A R, C A M B I O U, A B O F É; P E R O
¿M E L L O R O U?
¿D E V E R D A D E M E L L O R O U?
Hoxe en día non son poucas as parellas, (matrimonios aínda quedan, afortunadamente) que viven deste xeito:
Fanse compañía, satisfacen as súas necesidades afectivo-sexuais, viaxan, disfrutan canto máis poden, fan un fondo común para gastos xerais ...
E despois
-Cada un viste e calza según as súas posibilidades e gustos.
-Os descendentes, cando os hai, que cada vez son menos; cóidanse tamén a medias, cousa que está ben feita.
-Cada un compra o seu coche según a súa economía.
-E se a vivenda é dun, o outro fai unha aportación.
e
SE VÉN UN "REFACHO DE VENTO", que virá máis cedo ou máis tarde: ABANDÓASE "A BARCA COMÚN" E CADA UN POLO SEU LADO.
E a continuación búscase outra nova relación a ver se funciona mellor
E A S C R I A T U R I Ñ A S: V E N DO, V I V I N D O E S U F R I N D O E S T A S E S C O L A S
¿Chámase a esto calidade de vida?
¿Consiste nesto a evolución?
¿Somos máis felices desta maneira?
¿Dámos mellores exemplos ás xeracións que veñen detrás?
¿Construímos así un mundo mellor para todos?
¿É así como entendemos a vida de familia?
¿OU NON CHEGAMOS A SER FAMILIA?
Pregúntome eu:
¿N O N E S T A R E M O S T U M B A N D O A C I V I L I Z A C I Ó N QU E T A N TO S U O R E B Á G O A S C O S T O U Ó S N O S O S A N C E S T R O S?
¿E S T A R E M O S E N P E R I G O D E E X T I N C I Ó N C O M O XA P A S O U N O U T R O S T E M P O S C O N O U T R A S C I V I L I Z A C I Ó N S?
Quero confiar no inmenso labor que fan todas aquelas familias que son unha soa carne e un só corazón, que cren na fidelidade e na estabilidade de por vida.
Tamén somos moitos os que confiamos nos principios do Cristianismo que (cos seus fallos) rexiron durante dous milenios os destinos da vella Europa e doutros moitos países ó largo e ancho do planeta Terra.
Somos moitos os que soñamos cun mundo mellor e esforzarémonos ata conseguilo.
¿Cómo?
"MELLORANDO O PRESENTE"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora