Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Tiran a dar

viernes, 18 de junio de 2021
A iso das catro da tarde, dunha tarde calorosa e con ameazas de treboada, vin que o asunto estaba serio, demasiado serio. O caso é que os malos tiran a dar e os bos temos que refuxiarnos detrás dunha verza. Menos mal que a verza, ó ser unha desas verzas brancas, é enorme e cúbrenos a todos. E tamén que, por agora, non disparan a matar. Pero, despois, vai ti saber, ó darche igual caes morto. Así é que, por se aquel, a verza, en principio, é a nosa amiga. Non sei cantos somos. Creo que moitos, uns centos.
Pingas de Orballo: Tiran a dar Non quero pecar de modesto, pero, eu, como comprenderedes, estou do lado dos bos. Sempre estiven. Tamén é certo que a algúns cústalles asimilalo. Quizais pola miña doutrina política, e xa sabemos todos como se trata a certos sentimentos de liberdade. Claro que eu, iso, o de non caer ben, pásoo polo arco da vella ou polo forro de... Así é que sigo deixando que os malos pensen que o mundo é redondo, cando sei que as súas cabezas son planas. Ou cadradas.
As balas asubían cada vez máis cerca. A verza branca deixa ver xa uns buracos perigosos e os malos, nai que os pariu, seguen avanzando e disparando. Non vale que, eu, sobre o papel en branco, deixe caer palabras e máis palabras criticando as súas accións. Souben sempre que en boca pechada non entran moscas, pero ás veces déixome ir pola paixón e as críticas ou as verdades sempre doen moito. Non obstante, díxenlles ós meus compañeiros que mentres non disparasen a matar... E esperando estamos, a ver que pasa.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES