Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pregón do Festival de Poesía Guitírica

viernes, 18 de junio de 2021
Estamos a vivir esta revolución poética en Guitiriz grazas ao alento do poeta Xosé María Díaz Castro que nos impactou con aquel berro: "A beleza feriume para sempre".

Estades a encher os parques, as farolas, os camiños e as ruas co recendo e as cores dos vosos versos. arrincándoos dos gabinetes pechados dos estudosos e teóricos, e Pregón do Festival de Poesía Guitíricaemporiso estamos a respirar mellor nas nosas aldeas e vilas porque a poesía é vida, é saúde, é unha terapia que permite desterrar as pandemias de nós e da nosa contorna. As afilladas e os "afillados de Pepe" estades a recuperar a enerxía e os sabores dunha poesía que nos permite soñar e emocionarnos na nosa vida cotiá. Porén estamos a partillar este 1º Festival da Poesía con estas árbores e os paxaros, dende a herba pequerrechiña ata as estrelas:

"Herba pequerrechiña que con medo surrís ó sol que vai nacendo e morrendo sen ti, ¿por qué de ser pequena te me avergonzas ti? O Universo sería máis pequeno sin ti!", coma canta o poeta en Nimbos, o que está a cumprir 60 anos, igoal ca Por unha terra apremida do poeta de Guitiriz no exilio, Antón Santamarinha, editado en Bos Aires, cando fundaba as Mocedades Galeguistas. con patriotas coma Neira Vilas. que tamén deu a luz no mesmo ano, 1961, as Memorias dun neno labrego, e que deixou escrito: "eu son moi da Terra Chá".

E grazas á poesía, os nosos encontros destes días nas tabernas e nas terrazas ferven en creatividade... Ao poeta dos Vilares acaille atoparse coa veciñanza nestes espazos e lugares de culto, fronte aos que non entendían que unha persoa con tantos idiomas brindase cunha taza de ribeiro na súa fala de sempre, pero aí están os poemas asinados por él que gardan coma tesouros no Gaibor, no Almacén... Nós, coma él, tamén convertemos estes espazos nun intercambio das nosas artes e saberes. Lembro arestora a única vez que tiven a fortuna de falar co poeta Lois Pereiro,do que estamos a celebrar o seu 25 cabodano, na presentación dun libro seu en Monforte. Presentounos Manuel María, e ao comentar a miña pousada en Guitiriz, lembrou aquel día no que estando nun bar en Madrid con outros estudantes galegos, Díaz Castro ao escoitar a súa fala interesouse por eles e Lois confesoulle que Nimbos era un dos seus poemarios preferido, noutra xeira Isidro Novo contoume o seu encontro prodixioso co noso poeta nun bar de galegos preto da parada do bus en Madrid.

Estes dous poetas innovadores atoparon en Díaz Castro un manancial de inspiración que os marcou, porque coma dixo un dos seus estudiosos, Xosé L. Franco Grande, Díaz Castro "é o clásico máis moderno".

Non me solprende que a mocidade de Guitiriz e da Terra Chá conectase con tanta empatía co autor de Nimbos. Aquí mesmo vos ensino o primeiro volume de POPSÍA no que o seu autor, o músico Fran Amil, pretende "achegar clásicos de todos os tempos á sensibilidade do s. XXI", converténdoos en cancións a ritmo de rock, pop, soul... Despois dunha cantiga medieval do troveiro Mendiño, insire "Coma brasas" de Díaz Castro. Pero non é o unico exemplo destes días, o músico e director de cine Aaaron Siebert , con raíces en Vigo e EEUU, está a transmitirnos o poema "Vísperas" na súa curtametraxe Elas, dedicado á súa avoa galega transmisora das raices que o actor tanto quere. E podía pór algún exemplo máis de coma D.C. é un iman que segue a acender a creatividade da mocidade actual. Vos tamén neste certame harmonizades a poesía coa música, a fotografía e outras artes converténdoo nun océano creativo no que estamos a mergullarnos con tanta ledicia e festa.
Pregón do Festival de Poesía Guitírica
Estades a cumprir cunha tarefa sanadora e xenerosa nas nosas comunidades.

E seguindo disfrutando desta acolledora avenida na que está a converterse o 1º festival volvemos ao seu pórtico aberto o luns pasado invocando a Xela Arias. mesmo acompañandoa con once vilariñas ateigadas de emoción e agarimo no libro Aquela nena de Sarria da man do máis importante dinamizador da nosa cultura, Xulio Xiz. Tiven a fortuna de coñecer aos pais de Xela cando ela era moi nova. asistindo a miúdo ás actividades de Xermolos nesta paisaxe e o seu irmán Lois que ten escrito na nosa revista sobre o seu padriño Avelino Pousa Antelo, patriarca da tribo de Pardiñas. Todas e todos formamos unha mesma familia, a que está a tecerse co zume da vosa innovación e creatividade, a da NPG. Vos como a familia de Xela Arias guindades ao vento a semente da vosa arte que abrolla decote nas novas xeracións. porque as asociacións son coma vos, que ides medrando coas achegas de cada camada, así hoxe presentamos o primeiro libro de Ana Barral, Versos do desasosego, á que arestora quero lembrar coma gañadora no certame do Festival de Pardiñas cando estudaba no colexio Lagostelle, o mesmo percorrido doutras e doutros da NPG.

Esta cita do 1º Festival de Poesía está axudando a entender mellor o noso día a día, porque a poesía é tamén un xeito de coñecemento da nosa contorna, emporiso fainos medrar en igoaldade e en sostenibilidade, e grazas a ela valoramos máis as fibras destas árbores que acollen as nosas xuntanzas, e apostamos pola pluralidade das nosas expresións froito do artista que levamos dentro, emporiso en Pardiñas berramos: somos un pobo de artistas, dende as crianzas ata os xa consagrados pola obra compartida que estamos a ler neste 1º festival da poesía.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES