Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Por culpa da Eurocopa

jueves, 17 de junio de 2021
Que nervios. Que angustia. Que apuro. Canta adrenalina. Por culpa da Eurocopa. Por culpa da Eurocopa ando de aquí para alá á velocidade da luz. E co cara que a puxeron... Por culpa da Eurocopa podo dicir que as tardes/noites cambiáronme por completo desde Pingas de Orballo: Por culpa da Eurocopaa xubilación. Se deica agora era: cabezada, ordenador, biblioteca, lectura, cea, ordenador e película; desde que empezou a Eurocopa é: cabezada, fútbol, escapada a tomar café e botarlle unha rápida ollada a algún outro xornal distinto dos da mañá, fútbol, cea e outra vez fútbol. Xa case estou desexando que cheguen eses días nos que tan só hai dous partidos: ás seis e ás nove.
E mentres dure a Eurocopa ou polo menos mentres haxa partidos ás nove da noite tamén xa me podo esquecer da correspondente película televisiva, a non ser que a partir das doce ou doce e pico proxecten algunha que se poida ver. É que a partir das once (conclusión do derradeiro partido diario), e a maiores de que a esas horas xa todas as películas están empezadas (son deses fanáticos que as ten que ver desde o primeiro fotograma), tamén fochico ou fago algo útil co ordenador; entre outras cousas, escribir ou pasar a limpo os relatos que escribo. Polas mañás non me fago tanto o priguiceiro na cama, porque quero aproveitalas para poder ler algo máis, xa que, polas tardes, por culpa da Eurocopa, case non leo.
Ando apuradísimo, pero contento. Porque a Eurocopa non me está defraudando. Marcho, que me vai empezar o partido das seis da tarde.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES