Hoxe mércores día 16 de xuño ás 19:30 será presentado no Ateneo Ferrolán o libro Lareira de soños de Pastora Veres. No acto, ademáis da autora, Pas Veres, intervirá tamén o prologuista do libro, Germán Castro Tomé.
O libro, editado por Edicións Fervenza contén tamén o documental en DVD Entrar aos Vilares dirixido por Cibrán Tenreiro e que foi finalista da #12MICE Mostra Internacional de Cinema Etnográfico.

Este traballo é o producto dunha encomenda feita polo poeta Manuel María á autora no ano 1991 na inauguración dunha exposición fotográfica na I Romaría Labrega da Chaira nos Vilares de Guitiriz, lugar de procedencia do xornalista ferrolán Man Castro.
Lareira de soños é un traballo antropolóxico sobre a parroquia do poeta Díaz Castro, ao que se lle dedicaron as letras galegas en 2014.