Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unha bágoa e dous sorrisos

lunes, 14 de junio de 2021
Unha bgoa e dous sorrisos Din que a vida é marabillosa. Eu digo que é marabillosa, bonita e digna de vivir. Pero é certo que ás veces a vida pega cada labazada que deixa a un completamente fundido. E se non que llo pregunten á nai deses dúas neniñas de Tenerife, aínda que, é verdade, moito peor foi para elas que xa non a poden nin contar nin vivir. Por culpa dun pai que nin era pai nin é home nin é merecente de ningún nome incluso despectivo.

A noticia da fin desas dúas cativiñas fundiunos por completo a semana. Como case nola fundiu tamén o sábado ese rapaz da selección de Dinamarca, Christian Eriksen, que caeu redondo en pleno partido cando estaba a xogar contra a selección de Finlandia. Durante uns dez minutos ou máis tivo a todos os espectadores, tanto os das bancadas coma os televisivos, cun nó na gorxa. A vantaxe está en que este xogador, por sorte, poderá contalo; mentres que Anna e Olivia, pobriñas, un desalmado, que debería ser sangue do seu sangue, non deixou tan sequera que a soñaran, que soñaran as súas propias vidas.

Como teño confesado outras veces de que a vida é unha bágoa e dous sorrisos, e como xa deixei caer a bágoa, toca agora, polo tanto, falar dos sorrisos. Dos sorrisos Unha bágoa e dous sorrisosfutbolísticos, claro. Porque empezou a Eurocopa e, fóra dese amargo e tremendo susto de Eriksen, asoman xa os sorrisos. Pois, por exemplo, o que asomou nese mesmo partido do susto: a vitoria de Finlandia ante os daneses, algo que ninguén daba un peso por ela. Pois esta selección é a primeira vez que participa nun torneo desta categoría (é dicir, Mundial e Eurocopa) e todos os entendidos axiña a catalogaron como a cinsenta do grupo.

O segundo sorriso de que a vida é marabillosa (non vou ser modesto) é para min, é meu. Precisamente por iso, porque empezou a Eurocopa. Porque penso ver todos os partidos que poida. O inaugural non o vin por culpa do Nadal-Djokovic e o Gales-Suíza tampouco porque non me pillou na casa, e só cheguei ós derradeiros dez minutos. De España hoxe non falo porque tería que falar das vacinas e é un asunto espiñento; tería que falar da non convocatoria de ningún xogador madridista, que entón si que podería arder Troia coa miña opinión; e tería que falar do dúo Luis Enrique-Iago Aspas, que sería tamén como meter un zorro nun galiñeiro.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES