Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sanitari@s, a forza dunha actitude

miércoles, 16 de junio de 2021
Moitas veces, esquecémonos de que unha aptitude soa non fai un bo profesional en ningún ámbito. Precisa a compañía imprescindible da actitude e nesa compañía nace a ética e a deontoloxía profesional. Está claro que hai profesións que esixen máis actitude que outras e, quizais, por iso, esixen tamén unha deontoloxía máis clara e profunda. Aquí está a clave pola que cada persoa nace para desenvolverse nunha determinada área e, o feito de non poder facelo, pode ser un foco de infelicidade para ela e para o seu entorno.

Aquelas profesións que se caracterizan polo contacto directo coas persoas en situación límite, esixen unha actitude máis intensa, alén dunha aptitude impecable. Ademais desta parella de feito, esixe unha deontoloxía pulcra.

Agora mesmo, estou pensando n@s nos@s sanitari@s que, máis alá daqueles aplausos, precisan un recoñecemento constante en todos os sentidos e que agora están vendo como sectores que non aportaron nada nesta pandemia, pretenden agromar os primeiros. É comprensible que pase isto nun país de pan e circo. Agora ben, queremos seguir sendo un país de pan e circo ou queremos valorar todo o esencial que se visibilizou ante os nosos ollos por mor da pandemia?

Eu quixera que a nova normalidade fose unha nova visión da vida e unha definición do esencial meridiana; de tal xeito que goberne quen goberne nin se lle pase pola cabeza recortar presuposto a aqueles servizos destinados a cumprir os dereitos fundamentais. Vexo moi lonxe este horizonte, sobre todo cando a polémica da semana é se se debe ou non vacinar á selección.

Semella que xa nos tardaba que o circo volvera encher coa súa broza maligna o esencial que a pandemia deixou ao descuberto. A miña dúbida é quen fomenta esta broza e a miña conclusión é un tanto desoladora: non aprendemos nada.

No "Sempre en Galiza" ,Castelao utiliza unha forma que é dicir "cando... Galiza quedará redimida". Pois ben, coido que cando se admire máis ás persoas que dedican a súa vida profesional a velar polo cumprimento dos nosos dereitos fundamentais (educación, sanidade, autonomía persoal...) que a aqueles que simplemente representan cinco minutos de gloria (no mellor dos casos) quedaremos redimidos.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES