Mulleres porque si
Editorial - martes, 01 de julio de 2008
Sobre a igualdade ten habido moita máis literatura que accións concretas; infinitamente máis. Porque sempre é moito máis doado predicar ca dar trigo, como o veterano refrán proclama.
A igualdade da muller co home supón que o xénero feminino pode acceder a todo tipo de traballos que o home desempeña, mesmo aqueles nos que a forza física xoga papel principal, xa que a forza ou a maña non son potestade exclusiva de ningún xénero.
Que lonxe aqueles tempos nos que a prensa nacional ofrecía imaxes de mulleres de máis aló do telón de aceiro desempeñando tarefas que se supoñían non eran propias de mulleres: barrendeiras, canteiras... E sen embargo aquí podían ser labregas, mariñeiras ou maleteiras; eso si eran traballos femininos.
A Consellería de traballo anuncia o comezo dun curso de operadora de maquinaria de escavadora en Becerreá, dentro da campaña Muller porque si, campaña que forma pavimentadoras, azulexadoras, electricistas, canteiras, carpinteiras, albanelas, axustadoras e outras especialidades varias nas que ata agora os homes tiñan primacía, exclusividade.
Pois a exclusividade acabouse, e suponse que a primacía tamén porque a muller en canto entra nun determinado sector, con tesón e traballo, acaba dominándoo.
Muller porque si, é unha campaña xeitosa. Quizais habería que cambiarlle o nome polo de traballadora porque si, ou conqueridora, ou vencedora. É cousa dos xenes. Ou do xenio.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora