Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xela

viernes, 11 de junio de 2021
Ocorre algúns anos, dependendo da persoa homenaxeada, que co Día das Letras se cumpre o refrán de que "pasou o día e pasou a romería". Isto non pasou o ano de Carballo Calero, con innumerables galegos agardando pola homenaxe, nin con Xela, que está acadando unha atención inusitada en todo o país.

Hai varios rasgos de Xela que a fan valiosa, comezando por ser muller, xa que nos 59 anos que leva celebrándose a festa do idioma, 54 foron homes, e mulleres só 5. Foi muller e rebelde, rompedora, que se independizou moi cedo para vivir en liberdade, e cando conseguiu un nome na sociedade rematou unha carreira e traballou no ensino mentras publicaba libros que ían fincándose no panorama literario de Galicia logrando un lugar, verso a verso.

Abríu vieiros para mulleres escritoras e mulleres rebeldes, realidades que podían coincidir ou non, e así hai escritoras que a consideran mestra, que lles abriu camiños e ensinou a camiñar por eles; e moitas mulleres progresistas teñen en Xela o punto de referencia para afianzarse no sentir e no ser.

E por fin, como un malditismo imprevisible en escritores e artistas, morre con 41 anos, con importante obra escrita e cunha previsible obra futura que reforzase a pureza e dureza da obra de mocidade coa que conseguíu lugar de honra na cultura e sociedade de Galicia, que as celebracións deste ano poñen especialmente de manifesto.

Se en 2019 festexamos os nove anos de Fraguas en Lugo, e en 2020 os quince de Carballo Calero, este ano con toda xustiza, celebramos á poeta da rebeldía, do feminismo, da maternidade, á que moitos aínda poden recordar como "Aquela nena de Sarria".
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES