Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: O tempo era meu

martes, 15 de junio de 2021
Mirei o reloxo e vin que era a hora que era. A de cal era é o de menos. Eu o único que souben, así de golpe, foi que tiña tempo, que podía levar a vida con parsimonia e acometer os actos incluso con certa nugalla. Se tiña tempo, para que poñerme nervioso?, para que angustiarme? Así é que volvín mirar o reloxo e, máis ou menos, seguía nas mesmas. Non me estaría angustiando? Demo de tempo!
Pingas de Orballo: O tempo era meu O meu subconsciente sinaloume que me seguía sobrando o tempo. Optei logo por sentar baixo a sombra dos amieiros que durmían á beira do río Arnoia, alá polo alto da Pitediña. Apoiei os brazos sobre os xeonllos e busquei Baños de Molgas no horizonte. Vin a igrexa coa súa alta torre e asimilei que, desde alí, desde o campanario ben que podía intentar voar coma Supermán, ou coma o da rúa do Paseo de Ourense. Voar ten que ser moi bonito. Voando ata poida que o tempo non correse, que non pasase.
En principio estaba na Pitediña e mirando de novo o reloxo. Seguía a ter tempo, pero notaba que xa me empezaban a traizoar os nervios. O caso é que non tiña motivos para a congoxa. Todo o tempo era meu. A parsimonia e a nugalla tamén eran miñas. Como a Pitediña era miña. O relax do Arnoia era meu. A tarde era miña. O silencio era meu. O ruxerruxe das augas era meu. Empecei a suar. Coa angustia, creo. Botei a correr pola Pitediña abaixo. Pecheime na casa. O reloxo case non se movera.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES