Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Fin de semana poética en Guitiriz co I Festival de Poesía Guitirica

jueves, 10 de junio de 2021
Programación do festival
A rexedora guitiricense fará o saúdo institucional ás 12 horas e o pregón terá lugar ás 14 horas a cargo de Alfonso Blanco Torrado, impulsor de Xermolos e da posta en valor de Díaz Castro entre outras moitas cousas.
Fin de semana poética en Guitiriz co I Festival de Poesía Guitirica
Durante estas dúas xornadas haberá presentacións literarias como a da revista NPG GAzeta, as palestras sobre Carvalho Calero e Xela Arias, e os libros 'Poema da rúa das aves' de Miguel Barrera, 'Abril' de Luz Darriba, 'Abecedario do país das albarizas' de Xulio Pardo de Neyra, 'Lareira de Soños', de Pas Veres, 'Versos do desasosego' de Ana Barral, 'Non estamos preparados para medrar' de Teresa Ríos Noya e 'Bambán de vento' de Hortensia Bautista.

A música e a poesía estarán presentes durante todo o festival coas actuacións da Escola de Música e da UNED Sénior da Coruña, o concerto de 'Corredores de Sombra' e o recital poético musical de Paco Rivas e Tono e também do grupo poético musical Folerpa de son. Ademais, haberá recitais poéticos en diferentes puntos das rúas da vila nas xornadas do sábado e o domingo, co obxectivo de achegar a poesía a toda a cidadanía.

O domingo ás 10:30 horas realizarase o roteiro de Díaz Castro, guiado por Raúl Río e no que participarán tamén os rapaces e rapazas do IES Díaz Castro. Desde hoxe e ata o xoves, 10 de xuño, ás 19 horas estará aberto o prazo para anotarse a través do correo electrónico biblioteca@concellodeguitiriz.com ou na seguinte ligazón: https://bit.ly/34UuI5B. O Concello habilitará un bus para desprazarse ata o punto de inicio.

O domingo ás 19 horas, como peche do festival, terá lugar a entrega de premios conxunta do certame poético 'Vilariñas', presentado por Luz Airado, e do premio Xosé María Díaz Castro a Pablo Bouza, presentado pola concelleira de Cultura, Ainara Pérez. No acto haberá tamén actuará Eugenia Sanmartín. Neste acto será presentado também o poemário vencedor da pasada edición do premio Díaz Castro.
Fin de semana poética en Guitiriz co I Festival de Poesía Guitirica

Agrupacións participantes
Ao longo do festival participarán, tanto nos recitais poéticos como nas presentacións literarias, integrantes de diferentes agrupacións poéticas de todo o territorio galego como son: Nova poesía guitirica, Nómades do verso, Versos de area, Irmandade luso galaica, In Nave Civitas / urbano Lugrís, Moraima /a grafía da emoción.

Ao longo da semana, o alumnado do IES Díaz Castro de Guitiriz realizou numerosas visitas á exposición 'AQUELA NENA DE SARRIA' adicada a Xela Arias e realizado actuacións poéticas e musicais na feira e na Casa Habaneira.
NPG Nova Poesía Guitírica
NPG Nova Poesía Guitírica


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES