Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os tempos son chegados

jueves, 10 de junio de 2021
Á hora de poñerme a redactar este artigo pasan pola miña mente moitas preguntas das que, -CO SEU PERMISO-, voume tomar a liberdade de compartir algunhas con vostede:

-¿CANTOS TIPOS DE FAMILIAS SE COÑECEN NA ACTUALIDADE?
Heterosexuais, homosexiais, nais soteiras, poli…

-¿CANTOS MATRIMONIOS CANÓNICOS SE LEVAN A CABO ACTUALMENTE?
-Un 20%, un 30%, algúns máis?

-¿CANTOS MATRIMONIOS CIVÍS SE REXISTRAN ACTUALMENTE?
-Un 60%, un 70%, un 80%?

-¿CANTOS FILLOS NACEN DENTO DO MATRIMONIO CIVIL OU CANÓNICO?
Poucos máis da metade. ¿Qué pasa cos restantes?

-¿CANTAS PARELLAS CONVIVEN SEN PAPEIS?
Non se sabe porque non está rexistradas; pero POUCAS NON e cada vez van a máis... ¿Qué dereitos teñen?

-¿CANTAS FAMILIAS SE ROMPEN HOXE EN DÍA?
-Un 20%, un 30%, ou quizais un 40%?

Parece claro que se se chegou a esta variedade de fórmulas de convivencia, algunhas razóns habería…
-Que se antes se aguantaba demasiado.
-Que se a incorporación da muller ó mundo laboral.
-Que se as ansias de liberdade non permitían a fidelidade de por vida.
-Que se había que inventar fórmulas mellores…

AS FAMILIAS DOS NOSOS ANTEPASADOS NON ERAN PERFECTAS.
Unhas casaban por amor. Case era "obrigatorio" casar.
Outras eran matrimonios de conveniencia.
Outras por razóns socio-político-culturais.
Outras porque a muller non se consideraba con suficiente valía e intelixencia sen o apoio dun home; dicíase que era o sexo "débil".
Outras porque sen unha muller non había brazos de traballo.
En fin.
TIÑAN MOITOS DEFECTOS PERO TIÑAN ESTABILIDADE.
As criaturas respiraban aire familiar, estabilidade e fidelidade.

AGORA GUSTARÍAME SABER O QUE OPINAN AS PERSOAS QUE LEAN ESTE ARTIGO SOBRE UN TEMA DE VITAL IMPORTANCIA PARA O TECIDO SOCIAL.
Como non o vou a saber, sigo preguntándome eu:

-SON AS FAMILIAS (de todo tipo) ACTUAIS MÁIS FELICES QUE AS DE ANTES????
Certamente, cónstame que hai familias moi felices afortunadamente.
Tamén está o alcance de todos a violencia que se produce dentro dos fogares.¡E O QUE NON SAE Á LUZ ..!
E tamén todos sabemos que son moi poucas as familias que se salvan de ter separacións, rupturas, divorcios ou algo moito peor …
Tamén sabemos que esta violencia se traslada á infancia e á adolesciacia dun xeito moi duro e triste, de tal xeito que nas aulas respírase un "aire enrarecido".
A XENTE NOVA NON SABE A QUE ATERSE…
¿Cómo farán cando lle chegue o momento de fundar as súas propias familias?

¿DE QUE VALEU INVENTAR TANTAS FÓRMULAS?
¿Funcionan acaso mellor que as familias de toda a vida?
Cada quen que saque as súas conclusións.

A min paréceme que chegou o momento de recuperar o sentidiño e formalizar á hora de fundar unha FAMILIA ESTABLE E DURADEIRA na que ninguén se sinta extraño.

"¿MATRIMONIO?"
Este será o título do seguinte artigo.
Perdoe o meu "MAR DE DÚBIDAS" neste tempo de incertidume.
Moitas grazas.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES