Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: A Peito Aberto

jueves, 10 de junio de 2021
Algúns mófanse de min porque vou pola vida a peito aberto e ensinando o pobre esqueleto. E digo eu: que máis dá ensinar a osamenta, a carcasa ou a pel xa engurrada dunha idade que avanza e avanza coma o tren que se perde no horizonte. Nada Pingas de Orballo: A Peito Abertopermanece. Nada é eterno. E aínda que eu sexa inmortal, a idade deixarame coma unha uva pasa. Algúns búrlanse de min porque digo sempre o que quero dicir e aínda que eu non entenda nada. Non é nada fácil explicar o inexplicable, nin desatar o atado. Tamén por veces esbardallo tan só para encher espazo ou porque simplemente me gusta baduar, latricar.
A ver; por que non teño dereito a ser parella de feito dun colibrí? Teño dereito a voar cara á adiante e cara á atrás! Dereito a avanzar e retroceder, a sentar e choutar, a dicir e calar, a berrar e quedar mudo, en silencio. Teño dereito a berrar co peito aberto! E agora o que queira burlarse que o faga, que eu serei feliz facendo un dúo de canto co colibrí.
Algúns míranme de mala maneira porque sento á sombra dos balcóns ou porque deixo que o corazón acougue nos niños das rulas. Tamén porque vou pola vida cun sorriso aberto, aínda que ás agachadas deixe que me asome certa cara de ferreiro. Non obstante sei que, co tempo, se me levantará un monumento coa camisa aberta, para que todos saiban que nunca tiven medo. A miña esencia está en ir sempre a peito aberto.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES