Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Revolver / O Castro de Santa Lucía

miércoles, 09 de junio de 2021
Revolver

O aire é fresco. O sol queima. O tempo anda revolto. Como revoltas van as augas do río Arnoia cando caen desde a presa da Porfía. O revólver asimílase ó far west ianqui, e dispara balas que matan. Revolver a herba era un dos traballos máis pesados na agricultura minifundista, e non polo esforzo físico, senón pola monotonía do mesmo. Voltas e máis voltas para que a herba secase polo outro lado, ou pola tarde de abaixo, Pingas de Orballo: Revolver / O Castro de Santa Lucíaque é o mesmo. A verdade é que a sega da herba seca era un traballo ben escravo, que se desenvolvía en varias fases ou pasos. Describilos aquí sería resumilos moi moito, polo que se me acaba de ocorrer o facelo outro día nun relato máis longo, máis extenso.
Revolver tamén se revolve o estómago. Ás veces porque, ó comer, algo senta mal. Outras veces, e sen ser comida, tamén hai algo que senta tan mal que, a parte de revolverse o estómago, fórmase tal no no mesmo que chega un momento no que asemella que un se afoga, que se morre incluso. Un susto, un medo, un tropezo, un desgusto, unha apurada... O estómago, nese caso, é coma se fora o corazón ou a propia mente.
Incluso se poden revolver as follas dun libro, as follas dos castiñeiros, o pelo dunha muller cando quere sentir o aire desde o alto dun outeiro, a s aia desa mesma muller e os beizos dun sorriso pícaro de quen a contempla. Por revolver ata se revolve o revólver de quen o manexa. Esa arma oxalá se quede sempre quieta. Se saen balas dela, seguro que se me revolven as tripas ou as entrañas ou o sangue.

O Castro de Santa Lucía

Nada nos mete medo. Nin a canícula que caía ás dúas da tarde. Foi a esa hora, logo de Pingas de Orballo: Revolver / O Castro de Santa Lucíaxantar, cando a muller e máis eu optamos por facerlle unha visita ó Castro de Santa Lucía, alá na parroquia de Astariz, no concello de Castrelo de Miño. Menos mal que se nos deu por ir pola estrada de Reza e non pola autovía. Pola OU-402 case dá gusto; todo ó longo do Miño e baixo continuas sombras.
Logo de subir de Freás con dirección a Macendo, axiña nos atopamos coa aldea de A Cancela. Alí xa vimos o letreiro que anunciaba o castro e, xusto en fronte do cartel, un pequeno aparcadoiro para catro ou cinco coches. A aquelas horas, claro, estaba completamente libre. Deixamos o Pancracio ó sol e nos collemos camiño da fortificación galaico-romana por unha carreira de carros e baixo uns piñeiros que botaban máis calor aínda que a propia canícula. O percorrido menos mal que é curto: uns mil cen metros.
Cando chegamos, máis que o castro en si (por certo, alí aínda queda moito traballo por facer), o que nos deixou alucinados foron os inmensos penedos existentes na fortificación. Desde o 21 de maio de 1988 (hai 33 anos), que visitara a Cidade Encantada, en Cuenca, nunca volvera ver unhas moles tan impresionantes, tan enormes. Logo das correspondentes fotos, a baixada fíxose máis lixeira e os bufidos, iso si, saíron das nosas entrañas ante a calor que botaba o Pancracio. Menos mal que estivera pouco tempo ó sol.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES