Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Dúas penas

lunes, 07 de junio de 2021
Das penas Non vale predicar, porque cada vez que o facemos é coma se o fixeramos no deserto. Non temos sentidiño ningún e non asimilamos o que nos pode acontecer ata que nos acontece. Cando isto sucede é sempre tarde, polo que despois, claro, botamos as mans á cabeza. Sempre botamos as mans á cabeza moi tarde.

Falo do terrible accidente acaecido no concello de Caldas de Reis. Tres rapaces de 18, 19 e 24 anos faleceron a causa do impacto dun camión, ó non respectar, supostamente, un stop. Logo, para máis carallos, quen conducía (o rapaz de 19 anos) non tiña carné. O normal sería dicir: que pouca responsabilidade a do mozo de 24 (que era o dono do vehículo) por deixar conducir a un sen carné, aínda que nunha consulta que realicei sobre tal accidente descubrín que parece que hai xente que non se explica "como o mozo de 24 anos tiña o coche ó seu nome, dado que presentaba dificultades intelectuais graves".

Entón, se isto é así, as responsabilidades xa van moito máis alá dos suxeitos que ían no coche, que, quéirase ou non, aínda se pode dicir que eran uns rapaces, e estes xa sabemos que, ás veces, as súas cabeciñas escapan pola estrema. Así e todo, con culpables e sen culpables, a noticia é horrible. Alá foron tres mozos que, aínda sendo algo irresponsables, tiñan toda unha vida por diante para adaptar ou axustar a súa personalidade. Unha pena.

Pena tamén me dá a min o proceder de LaLiga. Resulta que lle acaba de comunicar ó Amorebieta, un equipiño de fútbol de Biscaia, que o seu campo de Urritxe non é apto para disputar os seus partidos na segunda división.

Dúas penasLaLiga pensa que todos os clubs teñen o poderío económico dos grandes. Isto demostra que pasa o de sempre: ó que ten o poder, máis se lle dá. Ou sexa, que eses equipiños modestos que se tiran toda unha tempada arrastrándose por campos de terra incluso, sen practicamente soldos e indo a xogar ó mellor despois dun traballo de oito ou quince horas; a eses equipiños, a ese xente négaselles agora o pan que tanto lles custou acadar; simplemente porque no seu campo non vaia ser que un xogador xa de certa categoría esnafre unha perna ou torza un nocello. Por que o pequeno sempre se ten que adaptar ó grande? Por que este non pode rebaixarse á categoría do pequeno?

Agora tócalle ó Amorebieta pedirlle esmola a outros equipos vascos para que lles deixen un campo con garantías, para que non se manquen os señoritos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES