Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

En murallas, China e Lugo

viernes, 27 de junio de 2008
Cando o presidente de Amigos da Muralla de Lugo, Alfredo Sánchez Carro, ideou o lema “En Murallas, China e Lugo”, aceptámolo todos con entusiasmo como unha hipérbole, unha afortunada e publicitaria esaxeración, unha necesaria elucubración imaxinativa para conseguir igualar os 2.150 metros da nosa muralla cos 6.500 kilómetros da muralla chinesa, que defendeu aquel imperio milenario das invasións dos estranxeiros no decurso dos séculos.

Pois nas pasadas festas do San Froilán xa tivemos un adianto do que podería ser cando autoridades chinesas visitaron Lugo e celebraron cerimonia de igualdade e fraternidade pétrea. Foi acto de irmandade simbólico entre os dous monumentos, coa presenza do embaixador de China en España, Quiu Xiao Qui, que xermolou e deu lugar ó último acontecemento.

Agora, as primeiras autoridades lucenses estiveron de visita oficial na República de China, en viaxe organizada polo Concello, a Deputación, a Universidade e a Cámara de Comercio, e o pasado domingo tivo lugar o acto de irmandade entre a Muralla romana de Lugo e a Gran Muralla China, na cidade de de Quinhuang Dao, seis millóns de habitantes, onde a Gran Muralla China ten a súa orixe.

Naturalmente que na viaxe se celebraron encontros económicos e sociais, visitas institucionais, pero o que a nós nos afecta de xeito especial é esa equiparación, igualdade, erntre dous monumentos nos que o que menos importa é o tamaño, e o que se valora é o papel das dúas murallas na historia e na vida dos pobos que as disfrutan.

Coido quer poucas veces unha irmandade me resultou tan cercana e afectiva. Non poido evitalo. No fondo, son un sentimental. E cando se trata da Muralla, un sentimental namorado. E os namorados, está claro, ven a vida doutra cor.

Hai que darlle razón a Alfredo Sánchez Carro, o que inventou hai corenta anos o slogan “Y para comer, Lugo”. Tivo razón. Como agora a tivo, tena e vaina ter. Desde agora, e para sempre, “En Murallas, China e Lugo”.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES