Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Os Domingos

jueves, 03 de junio de 2021
É domingo, pero xa me dá igual; eu sigo ó meu ritmo normal. É dicir: café, periódicos e lectura pola mañá; ordenador, café, máis periódicos e lectura pola tarde; e ordenador e televisión, ou sexa, películas pola noite, máis ou menos ata as dúas ou as tres da madrugada. Así un día detrás doutro. Coas típicas excepcións de que, ás veces, hai que facer algo máis, ou ir a algún lugar. Pero os domingos, como non saiamos a facer algunha andaina, son así tal cal.
Nin punto de comparación cos domingos de rapaz. Os domingos da infancia empezaban cun calvario: o de ir á misa. Menos mal que despois un sempre se entretiña algo mirando para as nenas. Pero con disimulo, que a man da Lola da Amparo era longa e logo deixaba caer unha labazada. Non se cortaba un carallo! As tardes dominicais, a maioría delas, no monte coas vacas, e cando non, de paspán diante dos bares porque non había con que pagar o medio vasiño de laranxada do H. Vila. Se nas misas me entretiña mirando para as nenas, no monte, iso si, lía, relía e requetelía libros e libros e libros.
Xa de casado déuseme por facerme cargo dunha viña e... adeus domingos. E moito máis por este tempo, xusto cando as ramas das vides medran á velocidade da luz. Agora mesmo non estaría aquí escribindo, se non fora porque, grazas a Deus, deixeina de monte vai xa para dous anos. Así é que, agora, ós domingos, a seguir ó meu ritmo normal. Ou sexa, vivir a vida e vivila ben.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania