Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xerardo

miércoles, 02 de junio de 2021
Para algúns Xerardo Moscoso foi un tipo moi peculiar, que se saía dos parámetros do que moitos entenden por unha persoa adaptada ao sistema. Para min era un ser que formaba excepción da regra común e que actuaba sempre baixo os ditados da súa conciencia sen reparar moito nas consecuencias negativas que esta actitude lle podería carrexar. Crítico acérrimo coas inxustizas e con aqueles que as propiciaban e sempre disposto a debater e defender os seus postulados con firmeza.

Cando un desaparece é frecuente que aparezan comentarios laudatorios e sentidos referidos a quen xa non está connosco, pero eu non quixera caer no terreo dos encomios que xorden polo común nos obituarios, e si referirme á impresión que me causou Xerardo Moscoso como amigo. Se coñecías ben a Xerardo tiñas necesariamente que querelo, e eu coñecíao desde aqueles tempos revoltos cando en Santiago coincidimos no intre do nacemento da Nova Canción Galega, disto hai máis de medio século, tempo polo que transcorreu a nosa amizade. Nunca se contaxiou da vaidade na que outros caeron e só pretendía coa canción transmitir mensaxes que puidesen espertar conciencias aletargadas, algo que non conseguiu na medida do esperado segundo el mesmo manifestaba. A partires de aí comezou para meu amigo un rosario de vicisitudes que marcaron definitivamente o seu devir: exilio en Francia e logo en Suíza sen que ningún daqueles compañeiros cantores amosara un mínimo de preocupación pola súa situación. Xa en México trabalou como facultativo de rodaxe nuns estudios cinematográficos o que lle da a oportunidade de coñecer a xente vencellada ao mundo da interpretación, e a vida de Xerardo toma outra dirección. Mergúllase no mundo teatral traballando cos mellores directores pasando máis tarde a exercer tamén coma tal. Pero o máis importante para min, e creo que tamén para el, polo que me ten dito, foi a creación do grupo “La Gaviota” co que tivo ocasión de vir a Galicia nunha viaxe sufragada polo goberno do estado de Coahuila. Foi unha experiencia marabillosa. Con Xerardo aqueles mozos e mozas aprenderon a amar o teatro nun ambiente marcado polas loitas dos clans da droga que dirimían as súas diferenzas a balazo limpo nas rúas de San Pedro de las Colonias. Sacalos daquel ambiente foi un dos obxectivos de Xerardo. Sempre á beira dos máis necesitados. A súa vida representa unha lección de coherencia, ética e compromiso. Foi un orgullo para min telo coma amigo todo este tempo, si. Gloria haxa para el.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania