Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Como amorodos maduros

miércoles, 02 de junio de 2021
Ela plantouse ante o espello e pintou os labios de vermello. Era feliz cos seus roxos beizos. Pensaba que se asemellaban ós amorodos xa maduros. Ela mirábase unha e outra vez ó espello e notaba como lle brillaban os ollos. Parecía feliz. Era feliz; porque asomou ó balcón e case murmurou en voz alta: o mundo é meu, son a raíña da terra e a princesa da mellor novela. Desde o balcón mirou ó horizonte e creu ver a alguén por entre unhas árbores, detrás dunhas matogueiras. Seguro que é el, pensou.
Era el. El esculcábaa desde a distancia e íaselle a vida. Aquel sorriso (o dela) era como unha invitación á consecución dun milagre. Existen os milagres? El quería que existisen. Ela, no fondo, quería realizalos. Ela só tiña unha forma de saber se era el. Deixou o balcón baixo un sorriso medio burlón ou medio pillabán e marchou a tomar un café, alí ó lado, nunha terraza.
Aínda non llo serviran e xa viu como el se achegaba e sentaba con disimulo a uns metros, noutra mesa. Ela riu polo baixiño. A cara del semellaba un tomate aínda máis maduro cós morogos dela, cós beizos dela. Cada certos intervalos de tempo, ela sorría e el miraba de esguello; ela navegaba por entre os soños como a Perla Negra de Jack Sparrow e el sentíase Jack Sparrow vixiando aqueles amorodos maduros que a miúdo se abrían en sorrisos eternos, doces e sentimentais. Ela e el, á fin, miráronse de fronte. E o ruído deulle paso ó silencio.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania