Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A partido único...

lunes, 31 de mayo de 2021
Non son partidario dos milagres. Tampouco desa xente que din que si existen. Simplemente creo que as cousas son como son e que cando se consegue algo, por xeral, é porque se traballou ben, porque se intentaron facer as cousas con calma e con futuro e, logo, os resultados chegan por si sós e tamén son os que poñen a cada un no seu sitio. Ante isto, non hai favoritismo que se loa. O Vilarreal non acadou a Europa Liga A partido único...pola graza divina, nin o Chelsea a Liga de Campións. Partían, tanto o un coma o outro, de vítimas ante o favoritismo do Manchester United e do Manchester City, respectivamente, pero como se adoita dicir: os partidos non se ganan sen baixarse do autobús. Certo, que máis mérito leva o Vilarreal que o Chelsea. Este, dentro do que cabe, está á altura do City e do United. Pero, o Vilarreal... nin punto de comparación co Manchester United. Dicían que o equipo inglés quintuplicaba o presuposto do español. Non obstante, é o que digo eu sempre; que ó ser partido único... unha mala tarde do favorito, unha faltiña a favor do modesto, etc. Nunha liga, o United quedaría sempre por enriba do Vilarreal; pero a partido único... pasou o que pasou. Con sufrimento, con suspense, con moito suspense (22 penaltis non se lanzan todos os días) acadou un torneo que, hai que recoñecer, empeza a ser propiedade dos equipos españois; nada menos que 13 (cos 6 do Sevilla á cabeza) ante os 9 de Inglaterra e Italia.

Con respecto á final da Liga de Campións, o favorito era o Manchester City, mais tan axiña como souben que ultimamente o Chelsea lle ganaba sempre, xa lle dixen ó fillo: pois seguirá ganando. E seguiu. Para alegría dos madridistas. E eles saben ben por que. A min, simplemente, dábame igual que ganara un coma o outro.
A partido único...
Onde non creo que haxa moita alegría é en Bielorrusia. Alá parece que non se pode cuspir nin respirar sen o permiso de Aleksandr Lukashenko. E aquel que intenta subírselle á chepa, secuéstrao e aí remata o conto. Tamén en Brasil Jair Bolsonaro semella que vai seguir a tónica de Lukashenko, que seica empeza a vixiar con lupa as voces críticas que sempre amolan un montón. E esa lupa axexa ou espía, principalmente, a profesores, periodistas e, por suposto, activistas. Non vaia ser que conten esas verdades que sempre doen unha barbaridade.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES