Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Granito, de Álex Alonso

martes, 01 de junio de 2021
De rapaz e de mozo lía todo o que caía nas miñas mans, incluso aqueles libros que notaba que non me gustaban. Agora se me poño cun voluminoso e vexo que nas súas primeiras 100 páxinas, por exemplo, non me atrae, déixoo. Por que o vou pasar mal lendo 400 páxinas máis? A novela "Granito" (2020), do vigués Álex Alonso, consta de 563 páxinas e desde o primeiro momento souben que me gustaría... pola linguaxe, Pingas de Orballo: Granito, de Álex Alonsopola historia e polos personaxes. Estes tiñan algo que me atraía. Incluso os que se podían catalogar como "malos" tiñan o seu aquel. A novela é intensa e cunha marabillosa descrición dos anos 90 e dos seus acontecementos.

Pero foi na páxina 336 cando o corazón me deu tal golpe que tiven que empezar a ler de novo o extenso parágrafo que estaba lendo para situarme ben; porque falando o autor sobre un dos seus personaxes, un tal TC, ou sexa, Teodoro Cabezas, "foi un neno solitario paseando á beira do Arnoia no seu Baños de Molgas natal". E segundo a descrición que Álex Alonso realiza sobre o crack das novas de sucesos, é dicir, o periodista TC, creo intuír en quen está baseado tal personaxe, que aquí non digo para que a xente, ou polo menos os molgueses, lean o libro.

Para un servidor é un orgullo que alguén nomee a Baños de Molgas. E máis se acontece nunha novela que acadou o Premio Torrente Ballester, que non é moco de pavo. Non obstante, e sen deixarme influenciar por ese orgullo, "Granito" é unha moi entretida e fermosa novela que engancha e que merece a pena ler.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES