Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os nosos representantes

jueves, 26 de junio de 2008
Temos setenta e cinco representantes na rúa do Hórreo, en Compostela, na sede do Parlamento Galego.

Por conseguir un escano, loitaron cos seus compañeiros de partido para ir nas listas en lugar que garantise a saída, e logo competiron nas eleccións autonómicas para conseguir que os votos proporcionaran á súa lista o aval preciso que os aposentase na correspondente cadeira de representación popular.

Cabería supor que co difícil que é acceder a ese posto, pasarían a maior parte da xornada laboral aposentados nos seus escanos, facendo o seu traballo. Pero non é así, e foi o Conselleiro da Presidencia, Méndez Romeu, quen o pasado martes arremeteu contra o espectáculo pouco edificante de deputados abstencionistas, xa que dos setenta e cinco representantes somente había unha quincena.

Suponse que os nosos representantes estarán ocupados noutros cometidos ou traballos, porque a pesar de estar xenerosamente dotada a súa función, quédalles moita capacidade de manobra, e polo que se ve moito tempo libre.

Pero teñen que representarnos, que para eso foron elixidos. Faltando ó traballo desacreditan a institución, desacredítanse eles, e devalúan o valor dos nosos votos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES