Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os Vilares, lareira de soños

viernes, 28 de mayo de 2021
Os Vilares, lareira de soos Debo a Ricardo Polín a afirmación de Miguel Torga de que “O universal é o local sem paredes”. E se do local ao universal só hai un paso, os dos Vilares de Parga veñen de pasar do parroquial ao universal.

Dos Vilares saian en tempos esforzados vilaregos e vilaregas, recoller trapos que cambiaban por produtos útiles para a vida. Dos Vilares foi Díaz Castro, protagonista do Día das Letras de 2014. E esta parroquia, que perdeu xente como todo o rural, ao abrigo de Díaz Castro fixo nacer a “Nova poesía guitírica”, enche de poemas as farolas de Guitiriz, crea Vilariñas poéticas e convértese nunha Lareira de soños, na que todo é posible.

Polo traballo do equipo de Antón de Guizán, retiraron as paredes da parroquia e asomáronse ao mundo, como comprobamos hai uns días con LAREIRA DE SOÑOS, libro e documental de Pastora Veres, sobre os vilaregos de hoxe e de onte, evidenciando que a parroquia é froito da súa xente ao longo dos séculos.

Esta “Lareira”, é o mellor agasallo que unha persoa sabia pode facer á súa terra, garantía de conservación da memoria dun pobo e o mellor plan de desenvolvemento humano e social dunha comunidade, proclamando que a vida dos devanceiros foi apaixoante, e case sempre descoñecida.

Pastora Veres fai universal a Os Vilares, e danos exemplo do que se pode e se debe facer no noso rural para que siga sendo verdade social e humana. Tarefa é esta para a xente máis desperta das nosas parroquias: conversar cos vellos, rescatar a historia, descubrir a vida… derrubar as paredes que nos pechan os ollos; abrir as parroquias ao mundo, porque cada unha delas é un pequeño mundo que hai que descubrir.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES