Desexámolo de todo corazón
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 27 de mayo de 2021
Claro que o desexamos.
Todos desexamos poder levar unha vida social que nos permita ir aquí ou alí, deixar a un lado a máscara, o xel e as distancias físicas entre persoas queridas.
Desexámolo de todo corazón.
Despois de tanto tempo con restricccións e máis restriccións
Pero:
¿Pensamos como debe ser a nova normalidade?
¿Seguiremos maltratando a casa común?
Se o desexamos de todo corazón, temos que pensar en cambiar moitos dos hábitos que temos "asimilados" as sociedades que chamamos "desenroladas".
Se de verdade o desexamos deberemos plantexarnos levar unha vida máis acorde coa nai natureza:
-Contaminar moito menos.
-Plantar moitas árbores para que purifiquen o aire que respiramos.
-Vivir en espazos naturais.
E un sen fin de cousas máis que cada país, cada pobo e cada persoa temos que correxir.
Durante un tempo, producíuse unha masificación excesiva nas ciudades; tanta que chegou a deixar semideserto o medio rural: o que deu en chamarse: "ESPAÑA VALEIRADA".
A balanza inclinouse tanto cara ás urbes que chegou a infravalorarse e abandoarse o medio rural; producíndose deste xeito un desequilibrio importante, coas súas consecuencias para os individuos e para o planeta.
TIVO QUE VIR UN VIRUS MOI VALENTE PARA DICIRNOS, ENTRE OUTRAS COUSAS,QUE PARA VIVIR PRECISAMOS UN ESPAZO NATURAL SEN ESTAR "HACINADOS".
Moitas persoas vense "amarradas de por vida" a unha hipoteca para conseguir un reducido número de metros cadrados nunha urbe.
En certa medida víronse obrigadas porque o medio rural estivo e segue estando moi abandoado.
¿QUÉ LLE FALTA Ó MEDIO RURAL?
Fáltanlle moitos servizos básicos:
-VÍAS DE COMUNICACIÓN Á ALTURA DESTES TEMPOS.
Que permitan o traslado rápido e seguro.
-TRANSPORTE PÚBLICO.
Que permita o traslado de persoas e mercadorías.
-COBERTURA TELEFÓNICA.
Que alcance a tódolos lugares.
-ACCESO A INTERNET.
Para que calquera persoa poida ter unha páxina web onde anunciar os seus productos e tamén un lugar de información.
A fibra óptica xa está en marcha
-XARDÍNS DE INFANCIA E ESCOLAS PARA A INFANCIA.
Un lugar no que se ofrece á infancia unha educación de calidade vinculada co seu medio e no seu entorno veciñal.
-CENTROS DE DÍA PARA PERSOAS MAIORES.
Os maiores, cando deixan a vida laboral, quedan esquecidos e moitas veces en absoluta soidade.
Se houbera centros de día no medio rural, as persoas xubiladas poderían facer vida social, seguir cutivándose, apoiarse emocionalmente e sentirse acompañadas.
Se nos replatexáramos a vida desta maneira, poderíamos cumprir moitos dos nosos desexos de vivir con calidade de vida sen volver ás andadas.
¿DE QUE VALE QUE NOS LEVANTEN AS RESTRICCIÓNS SE VOLVEMOS A LEVAR UNHA VIDA "ANTINATURAL, HACINADA E ESTRESADA".
A nai natureza volverase a cansar e madaranos ó "RECUNCHO DE PENSAR" a ver se nos damos conta de que non podemos levar un ritmo de vida "contra natura".
Desta pandemia deberíamos sacar algunhas conclusións os que tivemos a sorte de contalo.
Moitas persoas xa se foron de modo moi doloroso e en auténtica soidade.
Algunhas persoas estanse replantexando vivir no medio rural.
Cómpre que os governos tomen cartas no asunto.
"REVITALIZAR O RURAL"
Ese será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora