Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Andaina polas beiras do Cerves / Cun tiro dúas lebres

jueves, 27 de mayo de 2021
Andaina polas beiras do Cerves
Acordaron tarde, pero acordaron. A piques de ser as catro e media da tarde acordaron de realizar unha andaina; ou ben polo concello de Carballeda de Avia ou ben polas Pozas Pingas de Orballo: Andaina polas beiras do Cerves / Cun tiro dúas lebresde Melón. Eu, como son un mandando, ou sexa, con tal de saír da casa, fun o primeiro que me encamiñei para o coche e coa intención de achegarnos de novo ata o río Cerves (foramos hai uns quince días e tiveramos que dar a volta ós 200 ou 300 metros a causa dunha treboada que asomou polo horizonte). Non obstante, polo camiño falouse de que polas pozas habería moita xente e que con isto da pandemia, etc. Así é que falei dunhas rutas que había en Carballeda de Avia. Pois vale, esas. Pero, chegando a Ribadavia, comentei que xa non lembraba ben como eran esas rutas, que quería investigar algo máis, e outro etc. Imos ás pozas, acabei decidindo.
Non descubro nada falando ben das Pozas de Melón porque, quen máis quen menos, xa as coñece ou polo menos xa oíu falar da súa fermosura, do seu paseo baixo, hoxe, unha natureza verde, case salvaxe. O camiño é certo que non é apto para calquera. A ver, a dificultade é pequeniña, pero tena. Moito chanzo natural e, na segunda parte do percorrido, a maiores de chanzos, agora si, chamémoslles, artificiais, ten unha certa subida, unha certa pendente que para aqueles que se "afoguen" algo vailles custar. Pero merece a pena o esforzo; tanto polas pozas como por, despois, a contemplación da fervenza do Tourón. A tarde incluso estivo propicia para unha andaina desas; nin moito sol e cun certo airiño que era abondo fresco.

Cun tiro dúas lebres
Cheghei. Cheguei á terraza do café. Sentei. Non pido porque non necesito pedir. Todos saben o que tomo: un manchado nunha cunquiña pequena, na do café cortado. Ó principio tiña que especificar moitas veces o do cortado, porque me traían a mediana; Pingas de Orballo: Andaina polas beiras do Cerves / Cun tiro dúas lebresnon concibían que tomase un manchado nunha aínda máis pequeniña. Si, xa sei que son dous, ou como moito, tres sorbos, pero suficientes.
E desde que os rapaces me agasallaron cun caderno o Día do Pai (si, eses días que tanto me amolan), pois aproveito o café para escribir un Pingas. Hoxe, por exemplo, este Pingas. Así polo menos tampouco perdo o tempo. Mato cun tiro dúas lebres, ou dous paxaros dun tiro: tomo o café e escribo. Por veces son agudiño. Os tempos non están para perder o tempo.
Alá foi. Tres sorbos. Coloco de novo o bozo sobre a boca, sobre a cara e sigo. O grupo Queen fai que mova os pés ó ritmo de "We Will Rock You". Isto faime lembrar a súa película do outro día, a de "Bohemian Rhapsody", que, como película, pareceume normaliña, pero a emoción non deixou de asaltarme as entrañas en cada tema musical que escoitaba. Marcaron época, si.
Alá vai. O relato. O relato está a piques de concluír e o sabor do café aínda o teño da boca. Gloria bendita! Que gozada! Agora toca achegarme ata a biblioteca para ler algún xornal máis. Polo que se ve, non me chegan os dous que acostumo ler pola mañá. Si, definitivamente, algo aghudiño son.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES