Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Salóns de peiteado

jueves, 27 de mayo de 2021
O bo tempo anima a retomar os paseos pola cidade e comprobar, unha vez máis, as luces e as sombras da accesibilidade. De nada serviron os prazos. O 4 de decembro de 2017 tiña que ser todo accesible. Estamos moi lonxe de conseguir esa inclusión plena. Mesmo semella un soño inalcanzable cando hai aspectos básicos polos que aínda temos que loitar. Por se non fora suficiente, tamén nos encontramos con publicidade enganosa ou incompleta. A mesma frase vale para todo. Se vostedes len "acceso a persoas con Salóns de peiteadomobilidade reducida" como información dun salón de peiteado, que entenden? Supoño que o habitual que se fai nese local: lavar, cortar, tinguir, peitear, secar... Se empezamos por non poder usar o lavabo de cabezas convencional xa estamos ante un problema. Non chega con facilitar a entrada.

Saco agora este tema porque recentemente tiven ocasión de coñecer un salón que aproveitou o cambio de localización para facilitar a vida aos que a teñen máis complicada por razóns moi diversas. O local non é especialmente grande e, aínda así, conta con varios ambientes que desprenden sensibilidade. Gañaron espazo con portas corredizas demostrando que cando se quere, aparecen alternativas. A modo de exemplo destaco un acolledor reservado con lavabo regulable e tocador. Todo pensando en cadeiras de rodas, noivas, arranxar ou probar perrucas (lamentablemente moi de actualidade), tinguiduras máis discretas... Tamén dispón dun baño adaptado e unha padiola regulable en altura. Os meus parabéns para o salón "Sólo las Puntas".

Durante o forte da pandemia na que tanto se recomendaba evitar contactos, tocar... dediquei algún tempo a indagar sobre estes locais e teño que salientar a boa disposición do persoal. Ante a pregunta de se unha persoa en cadeira de rodas podía acceder para lavar a cabeza a resposta era case sempre: "No, pero le ayudamos". Sorprendeume descubrir que non hai lavabos adaptados así que a seguir loitando... Claro que se agradece a axuda, faltaría máis, pero hai que fomentar a independencia respectando a dignidade de cada persoa.

Investigando máis sobre o tema nos Foros dos que formo parte, souben doutras opcións máis innovadoras. Sen embargo, con inversións moi pequenas xa é posible dar moitas facilidades. Un simple lavabo portátil evita facer transbordos co risco e esforzo que pode supoñer mobilizar unha persoa. Falo por coñecemento directo así que parabéns a "Miriam Souto Peluqueros". O consabido virus complicou todo e destapou máis situacións vulnerables. Por iso remato cun chamamento a todos os salóns de peiteado para que dean pasos en favor dunha accesibilidade universal e un deseño para todos. É posible!!
Bravos, Marisol
Bravos, Marisol


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES