Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Con palabras e abrazos

miércoles, 26 de mayo de 2021
Hai xente que demostra o seu amor, o seu cariño, a súa felicidade con bicos e abrazos. Ou con palabras. O personaxe de Benedicta Sánchez recibe ó seu fillo Amador, na ficción de "O que arde", cun simple e sinxelo "tes fame?" maxistral. Aí hai amor, moito amor de nai, e sen bicos nin abrazos. Por outra banda, Luna Reyes, unha voluntaria da Cruz Vermella, tamén mostrou amor, cariño e felicidade cando se atopou de novo cun inmigrante en Ceuta ó que xa atendera anteriormente, noutro intento do rapaz na busca do seu falso Edén. Luna Reyes deulle un abrazo.
Pingas de Orballo: Con palabras e abrazos Todos estamos de acordo no amor, cariño e felicidade de nai con tan só dúas palabras. Pero non todos estamos a favor do mesmo amor, cariño e felicidade que descargou Luna no seu abrazo. A pobre rapaza seica recibiu paus a esgalla por abrazar a un inmigrante, a un negro. Recibiu tantos que non lle quedou outra que borrarse das redes sociais para non seguir vendo e lendo a xenreira que levamos dentro, o racismo que temos acumulado nas entrañas. Despois, iso si, por separado, polo baixiño ninguén é racista. España non é un país racista. Tampouco é un país emigrante. Foino. Pero eran outros tempos. Ah, vale.
Hai palabras que valen máis que abrazos. E hai abrazos que matan ou que ocasionan veleno. É certo que hai moitas Benedictas Sánchez ás que, con razón, adoramos; como, por desgraza, tamén hai Lunas Reyes ás que sacrificamos ou crucificamos porque a nosa conciencia está podre. Ánimo, rapaza!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES