Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Guitiriz acolle en xuño o 1° Festival de Poesía de agrupacións poéticas de base

miércoles, 26 de mayo de 2021
Alfonso Blanco será o encargado do pregón da primeira edición.

O Festival de Poesía Guitirica comenzará a súa andaina o 7 de xuño coa presentación do Guitiriz acolle en xuño o 1° Festival de Poesía de agrupacións poéticas de basefestival e a inauguración da exposición AQUELA NENA DE SARRIA adicada a Xela Arias na Casa Habaneira e coa presenza de Xulio Xiz, a alcaldesa de Guitiriz Marisol Morandeira e unha representación da Nova Poesía Guitirica NPG. A exposición permanecerá até o 14 de xuño e xa están programadas visitas de alumnos do instituto de Guitiriz.

O día 11 venres alumnado da ESO do IES Díaz Castro percorrerán as rúas da vila con un roteiro poético preámbulo das actividades previstas para o festival os días 12 e 13 de xuño que incluirá as presentacións de varias novidades literarias de coñecidos/poetas e escritores/as (Poema da Rúa das Aves de Miguel Barrera/Alvarellos, Abril de Luz Darriba/Belagua, Abecedario do país das Albarizas de Xulio Pardo de Neyra/Medula, Lareira de soños de Pas Veres/Fervenza, Versos do desasosego de Ana Barral/Toxos Outos, Non estamos preparados para medrar de Teresa Ríos/Urutau e Bambán de vento de Hortensia Bautista/Fundación Romaría) e presentaremos tamén a revista N°2 NPG GAZETA, as palestras sobre Carvalho Calero (con Antón de Guizán, Loreto de Castro e Alfonso Blanco) e Xela Arias (con María Xosé Lamas, Ana Barral e Xulio Xiz), as actuacións musicais da Escola de Música de Guitiriz con dúas agrupacións, a banda da UNED Sénior, os dúos poéticos musicais Folerpa de son e Paco Rivas e Tono, Corredores de sombra e a cantautora Eugenia Sanmartín. O programa inclúe tamén roteiros poéticos con recitais pola vila e o roteiro guiado de Díaz Castro entre O Vilariño e O Buriz. O Festival rematará coa entrega de premios do Certame Vilariñas 2021 e o premio de poesía Díaz Castro.

Guitiriz súmase con este festival a outros existentes no país e constitúese como o primeiro da Terra Chá e da provincia de Lugo nunha iniciativa promovida polo grupo poético Nova Poesía Guitirica NPG e organizado polo concello de Guitiriz coa colaboración da vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo, AC Xermolos, IES Díaz Castro, UNED Sénior, Escola de Música de Guitiriz, Asociación de hostelería De Bares, e as agrupacións poéticas de base Nómades do Verso/Colectivo Antón Borrazás da Coruña, In Nave Cívitas/colectivo Urbano Lugrís da Coruña, Moraima, a grafía da emoción de Ferrolterra, Irmandade poético artística luso galaica de Chantada, Versos de Area de Ponteareas, GADIS e Os Vilares lareira de soños.

Créase deste xeito unha nova proposta poética que contribúe a manter viva a chama poética de Díaz Castro e fai de Guitiriz o centro poético da Terra Chá a través da poesía de base e cunha ampla participación do tecido social e cultural da zona.
Guitiriz acolle en xuño o 1° Festival de Poesía de agrupacións poéticas de base
NPG Nova Poesía Guitírica
NPG Nova Poesía Guitírica


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES