Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Auga que non debes beber

miércoles, 25 de junio de 2008
Auga que non se move, non debe beberse. Este era dogma de fe nesta terra non hai tantos anos. Polo tanto, toda auga que fluía libremente dun cano ou de entre as pedras podía ser libremente inxerida na seguridade de que non había o menor problema.

Mesmo a auga podía ter “sabores”, ser ferreña, se pasaba por lugares onde había xacementos de ferro... podía ser “gorda” ou non tanto, fresquísima, abundante ou só un fío, recollerse ou perderse monte abaixo, falando claro das fontes que aparecían en calquera punto do rural. Todas, aptas para o consumo.

Pero os tempos cambiaron, e no rural os puríns (o vulgar xurro) e no urbano as construccións invasoras, foron facendo desaparecer as fontes, a pesar de que a querencia popular segue a utilizalas baseada na confianza doutrora, hoxe inmerecida.

E as traídas de augas poden traer contidos que non inspiran moita confianza ó consumidor, pero as fontes en zona urbana merecen como mínimo unha dúbida severa.

O exemplo, estes días en Lugo, en que unha bacteria fixo primeiro sospeitosa e logo presunta culpable á popular fonte do Castiñeiro, resistente nun lugar que antano foi rural e hoxe aquel frondoso bosque que mantén o nome vese reducido a unha ducia de castiros loitando contra o imparable cemento.

Auga que non has beber, déixaa correr, quería o refrán. Agora é diferente, porque esa auga que corre por principio non debe beberse a menos que un cartel colocado por quen pode facelo proclame que ese líquido é potable.

A eso chegamos, a desconfiar da auga. A culpa é de todos, e non só das autoridades que non vixían escrupulosamente ese noso afán colectivo de andar na percura de auga pura cando non está demostrado que esta siga existindo nos amplos contornos dos núcleos habitados.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES