Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Alegrías e penas futbolisticas

lunes, 24 de mayo de 2021
Teño por costume escribir os Recunchos os sábados polas tardes, pero este sábado pasado tiven que esperar á noitiña tan só para saber como quedaba a Liga de fútbol, Alegrías e penas futbolisticasquen sería o que levaba a ovella ó río. E a verdade é que a fin do campionato non decepcionou. A proba é que houbo instantes nos que o asunto estivo en tan só un gol. Como tamén houbo momentos nos que a cuestión estivo en cinco puntos de diferenza para volver nos últimos suspiros a ese gol que podía cambiar todo. E cando os árbitros deron por concluídos os partidos, pois case se pode dicir que a derradeira xornada desta campaña 2020-2021 acabou como empezara, ou sexa, o Atlético de Madrid rematou a Liga a dous puntos dos merengues. Emoción deica a fin. Máis non se pode pedir.

E en cuestión de alegrías e penas, de todo hai na viña do Señor. Eu, en concreto, alegreime enormemente que fosen os colchoeiros os que levasen o gato á auga. A ver, como antimadridista que son, o normal sería que desexase que fose o Barcelona o campión. Pois non! Desde un primeiro momento, desde que vin que o Atlético tiña posibilidades (pero canto nos fixo sufrir!, que chegou a dilapidar dez puntos de diferenza), sempre quixen que fose este o campión, incluso por enriba do Barcelona. É máis, por querer ata quixen que fose o Sevilla, cando houbo aí uns momentos nos que tivo algunha opción. Porque un está cansado de ver como ganan sempre os mesmos. E aquí, en España, tan só hai dous que miran constantemente por encima do ombreiro a todos os demais; por cadro de xogadores e por presuposto. Así é que produce (polo menos a min) unha alegría inmensa ver que algún outro se lle pon farruco a eses mandaríns do fútbol español.

Alegrías e penas futbolisticasE si, tamén houbo as penas. E de novo, no meu caso, a gran pena estivo no descenso do Huesca, un equipo que, certo, hai uns anos case nin sabiamos que existía. Pero duns anos para acá, no seu equipo, está un tal David Ferreiro, que é de Baños de Molgas e que, faltaría máis, é o noso neno. A pena é grande porque o equipo aragonés empezara esta derradeira xornada fóra dos postos de descenso, polo que confiaba un pouco en que aí seguise. Non foi posible; ganou o Elxe e pasoulle a dianteira. Agora queda a esperanza de que pase coma da outra vez: que volva subir axiña. A calidade de David Ferreiro é de primeira división.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES