Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Se puidera voar / Saín con ganas

viernes, 21 de mayo de 2021
Se puidera voar

Se puidera voar, sería como Superman. Ou como Iron Man. Ou como Spiderman. Se puidera voar, sería como eses heroes de cómic que van e veñen pola vida e polo tempo facendo que fan. Non son heroe de cómic e por iso ando cos pés sobre a terra. Por veces, si, con pés de barro, pero ando. E ando por regos torcidos, pero ando. E chouto sobre valados e penedos; polo que non necesito voar.
Pingas de Orballo: Se puidera voar / Saín con ganas En tal caso, e sen que sirva de precedente, sei que sería capaz de voar deica o País Vasco, ata Éibar, para saudar e falar con Cándido, ese amigo descoñecido que sei que me le. Ante isto, é normal que todo o meu ser se empreñe de orgullo, pois non todos os días descobre un que son algo así como un heroe literario, rural e galego para un lector anónimo. Por Cándido si voaría hoxe no escudo do Capitán América ou cabalgando como un Merlín soñado no martelo de Thor.
Agora ben, como non podo voar, amigo, deixa que sexan estas palabras ou pensamentos ou sentimentos os que che cheguen cruzando vales e montañas, muros e valados, ríos e regatos. Deixa que sexan os meus soños os que te alcancen e te acompañen no teu deambular diario. Se puidera voar, Cándido, xa estaría aí.
Non son heroe nin avión a reacción. Pero sei que flotarei sobre o universo sen fin e que colgarei na punta dunha estrela para abalar sobre o desexo de facer o que haxa que facer.

Saín con ganas

Saín da casa con ganas e con ansia, con moita ansia. O estar dentro da casa é algo que me abafa bastante. Quero saír a ver mundo, quero ser coma un bebé. Así é que saín e camiñei. Camiñei pola rúa e polo atallo. Vin froiteiras e paxaros que se metían nas froiteiras. Vin lesmas que se arrastraban e lagartiñas que escapaban. E mentres vía, pensaba. Porque a miña cabeza nunca para. Pensaba en algo para plasmar Pingas de Orballo: Se puidera voar / Saín con ganasno papel. E o que máis asentou na miña mente foi o de "saín da casa con ganas e con ansia". De aí partiu todo. De aí está partindo todo. Que se as nubes brancas se mesturan coas negras. Que se o sol asoma e se esconde. Que se o silencio deixa de ser silencio porque os coches meten ruído.
Pensei na Perla Negra de Jack Sparrow cruzando o mar e bambeándose ante a forza das ondas. Pensei neses biosbardos que nunca consigo ver pero que sei que están aí. Pensei nese desexo que me altera o sangue. Pasado xa o atallo iniciei o percorrido por unha estrada que axiña se fixo rúa, ou por unha rúa que xa era estrada. Ás veces é complicado distinguir un esperpento dun soño, ou unha utopía dunha quimera, ou un afogo dun berro. Que carallo!, berrar é bonito. Cun berro adoitan saír moitos demos. E temos uns cantos dentro.
Saín da casa con ganas e con ansia e aquí estou, rematando con esa ansiedade, con esa congoxa e con ese abafo que me atenazaban. Abro a xanela da gaiola e voo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES