Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: No día da Ascensión / Estamos no tempo

miércoles, 19 de mayo de 2021
No día da Ascensión

Quere chover pero non chove. Ó mellor non tarda moito. Porque isto, é dicir, o tempo climatolóxico, está de chuvia. E iso que hoxe non debería chover (xa choveu pola mañá). Hoxe tiña que facer sol porque... tres xoves hai no ano que brillan máis có sol: Xoves Santo, Corpus Christi e o día da Ascensión. Hoxe é a Ascensión pero non hai sol. Perdón, ós cachos sae. E cando sae, quenta. Non obstante, sae poucas veces e pouco tempo.
Pingas de Orballo: No día da Ascensión / Estamos no tempo Tamén é o día da Fátima. Si, é certo, todos os días son algo e de alguén, ou sexa, dalgún santo ou santa. Porque dos outros (do pai, da nai, do medio ambiente, da enfermería, do libro, do ceo gris e azul e branco e negro e escuro) xa sabedes a miña opinión. Hoxe é o día apropiado para dicir que son un nugallán, que cada vez me custa máis ir ó centro. Fun ó centro e fíxeno sen ansia ningunha. Fun porque tiña que ir. Pero cada vez me custa máis. Estou a converterme nun ser demasiado cómodo.
Segue querendo chover pero non chove. Mellor. Porque non teño paraugas. E segundo me custa horrores ir ó centro, non me custa nada achegarme ata a biblioteca da Valenzá. Porque non queira ir ó centro, non significa que non queira saír da casa. Que va! Se precisamente teño fama de que a casa non caerá enriba de min. Igual me pode esmagar! Xa mo dicía sempre miña nai. E o que diga unha nai... Emporiso, o que non quero é que me preman con ir a tal sitio ou cal lugar. Ou sexa que, son eu o que decido saír ou non, e ir a onde me dea a gana.

Estamos no tempo

Se chove que chova, dicía aquel. Pero aquel estaba debaixo dun paraugas e dáballe igual. Hainos que predican no deserto para escapar precisamente da chuvia. Nos desertos só hai area, sol e silencio. Algún que outro bicho e cactos. E uns poucos oasis. Din que no deserto ásanse os paxariños. En Ourense de cando en vez tamén; incluso bastante a miúdo. Hoxe non. Hoxe quere chover e ás veces chove. Outra veces está tan negro que mete medo. Tamén como dicía outro: estamos no tempo.
Pingas de Orballo: No día da Ascensión / Estamos no tempo Sabina quere estrear un traxe de madeira, pero como tamén di el, a tal madeira aínda non se plantou. Non lle quedará outra que esperar. Iso é fácil de entender, verdade? Normal, Sabina sempre se explicou ben. Eu de cando en cando tamén me explico; aínda que o de que sexa ben ou mal déixoo nas mans do lector. Non sempre con catro palabras se saben dicir cousas. Nin en catro liñas consigo deitar a filosofía da vida para que descanse. Algúns pensamentos ben pensados ou ben escritos adoitan esgotar moito. Moito.
Se chove que chova, digo eu agora. Pero por se aquel vou marchar rapidiño e correndo para a casa, antes de que me pille unha tromba de auga. Non trouxen paraugas. Pola mañá saqueino de paseo (ó paraugas) e non choveu. Agora castigueino porque non quero que se burle de min. Marcho con Ana Belén pegada ós meus oídos. Amo a esta muller. Aínda que, iso si, con quen casaría sería con Aitana Sánchez-Gijón.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES