Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Megavatios

martes, 24 de junio de 2008
Son medida de enerxía, unidade manexada con profusión estes tempos, deixando ós antigos kilovatios arrumbados porque a medida quedou demasiado pequena para as necesidades enerxéticas actuais.

Producen megavatios as centrais de enerxía que queiman carbón, as turbinas movidas polas augas dunha represa, as centrais nucleares... e os aeroxeneradores que medran nos nosos montes.

Pero mentras as centrais, as presas e as queimadoras precisan de costosas instalacións e similar mantemento, as “eólicas” como xeralmente se coñecen, resultan moito máis económicas e causan furor.

Á convocatoria efectuada pola Xunta de Galicia –caen dentro da área de Vicepresidencia- acudiron “cen mil moscas” se fixeramos caso dos símiles clásicos, polo magnífico negocio que representa, e as empresas aspirantes ofrecen compensacións sen límite para conseguir figurar entre as beneficiadas.

A atención estaba posta nos megavatios, entendendo que a súa distribución era como unha próxima lotería, especialmente rendible como todas as que se poñen en circulación.

E nesto que o Presidente Touriño, nun acto público do seu partido celebrado o pasado domingo, proclámase como un presidente diferente dun goberno diferente, preocupado polas clases baixas máis que polo reparto dos megavatios eólicos.

Posiblemente non sexa máis ca unha referencia puntual de actualidade, pero chama a atención que esa referencia sexa precisamente ó tema de maior actualidade para o seu complemento no goberno, os nacionalistas.

Un Megavatio pode ser unha medida de preocupación, unha medida diferencial, unha medida de conflicto. Preferimos pensar que se trata somente dunha medida de enerxía.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES