Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

EUROPA E A RAZÓN ILUSTRADA: O CASO GALEGO (II)

jueves, 28 de marzo de 2002
4. A ILUSTRACIÓN COMO TRANSFORMADORA DA REALIDADE GALEGA
É mester empezar sinalando que en Europa non hai un modelo uniforme de Ilustración nin no que respecta ás ideas nin ós feitos. En Francia as ideas ilustradas teñen unha louzanía e vigor inusitados porque chocan cunhas estructuras anticuadas e incapaces de renovarse, e porque a poboación, sobre todo o campesiñado, abrasado polos impostos e abandonado nun atraso secular ve nas novas ideas unha ventá aberta a un futuro de esperanza. Botando man duna imaxe agrícola, diríamos que as ideas ilustradas caen na sociedade francesa como viño novo en odres vellos, en estructuras anticuadas. Terminan rebentándoas.
Ese mesmo choque de ideas e estructuras produciuse tamén na Gran Bretaña, pero quedou amortecido polas reformas agrícolas que lle permitiron ó campesiño mellorar a súas condicións de vida. Por iso a revolución levouse a cabo alí sen a penas derramamento de sangue.
Distinto é o caso de Prusia onde o rei Federico II se considera ilustrado e mesmo presume da súa amizade con ilustrados franceses como Voltaire ou Diderot. Comparte, en efecto, moitas ideas ilustradas respecto á relixión, á liberdade, ó progreso etc.; pero de portas dentro ten outra actitude. Actúa como un verdadeiro déspota con relación ós ilustrados prusianos.
No caso de España e Galicia é obvia a presencia da Ilustración, como así o corroboran os abundantes traballos que hai sobre ela. Pero tamén é certo que a presencia dos ideais ilustrados non tiveron o mesmo vigor nin exerceron a mesma función transformadora que no país veciño, aínda que si cambiasen moitas cousas. E máis, sabemos que a monarquía española se puxo á defensiva ante o desenlace de acontecementos que se desencadearon no país francés. Dalgunha maneira, faise unha operación de blindaxe fronte a determinadas ideas que se consideran perniciosas para a relixión ou a sociedade e establécense filtros nas fronteiras, nas aduanas e portos co fin de impedir o paso de libros ou publicacións que poidan difundir esas ideas. A nivel interior, opera a Inquisición para controlar ideas e publicacións. O método que utiliza é a delación, que funciona eficazmente.
En Galicia, igual que no resto de España, a Ilustración non foi un feito popular e de masas. Os ilustrados foron un grupo de intelectuais minoritario que tivo especial presencia en Santiago, A Coruña e Lugo, independentemente de persoas que en distintos pobos de Galicia colaborasen decididamente con institucións ilustradas; pero para falar de grupos significativos é necesario acudir ás cidades citadas.
Os ilustrados galegos, en xeral, adoptaron unha actitude moderada con respecto ó cambio social. Optan por unha liña reformista que lles permitiu introducir na sociedade unha serie de cambios que melloraron as condicións de vida, sobre todo, das clases populares:” Otra cosa es – afirma Beiras- que los ilustrados gallegos ajustasen su ideología a los imperativos estratégicos derivados de las características concretas y específicas de la sociedad gallega de su tiempo – no en vano la conocían muy bien- y que en muchos casos su compromiso ético con la base popular de su país primase sobre los alegatos propagandísticos de intereses de una clase burguesa virtualmente inexistente-no en vano también eran intelectuales antes que políticos. Y otra cosa es , además, que en muchas ocasiones ataviasen hábilmente sus ataques al antiguo régimen para adaptarse e incluso sacar partido de las circunstancias” (1).
Os ilustrados promoveron decididamente a cultura do pobo para sacalo do atraso en que estaba sumido creando escolas que difundían as primeiras letras e outras ensinanzas. Por outra parte, tamén espallan polo país os saberes prácticos dirixidos ós agricultores para que aprendan novas técnicas.

1. A mellora da agricultura
Real Academia de Agricultura do Reino de Galicia
Esta é a principal preocupación común dos ilustrados. En Galicia xa aparece cando se inaugura a Academia de Agricultura do Reino de Galicia, o día 20 de xaneiro de 1765. No acto de inauguración xa sinala o Presidente da institución, o Marqués de Piedrabuena, que a finalidade da Academia e:”Instruír a los labradores en el modo de adelantar y mejorar sus labores con experiencias hechas a su vista”.
Xa non tratan os académicos de facer unha cultura libresca para os labregos, nada dados a esas cousas. Comprenden dende un principio que esa actividade estaba condenada ó fracaso. Por esa razón deciden facer cursos prácticos que lles ensinen novas técnicas de cultivo para mellorar o rendemento dos campos.
Nos académicos coruñeses está moi presente o ideal fisiocrático que defende que a agricultura é a base da riqueza e benestar duna nación. Os fisiócratas teñen unha fe cega na natureza e as súas leis. Esta idea está en conexión co dereito natural. Por iso se interesan moito polo dereito de propiedade centrado primordialmente na terra: “ O home recibe da mesma natureza a propiedade exclusiva da súa persoa e a das cousas adquiridas polos seus esforzos e traballos. Digo a propiedade exclusiva, xa que de non ser exclusiva, non sería un dereito de propiedade (Mercier de La Rivière).
A agricultura é a única creadora de riquezas, mentres que comerciantes e financeiros aprovéitanse dos seus productos. O labrego vive nunha liberdade marcada polo ritmo natural das estacións (2).
No ano 1767 convocan concursos nos que ofrecen premios a aqueles labregos que teñan os mellores prados artificiais, ós que teñan os mellores liños (con dúas variedades: de secaño e de regadío) ou a mellor herba raigrás.
Durante o séc. XVIII hai un importante incremento da poboación en Galicia. Iso leva a pensar ós académicos na conveniencia de ampliar as zonas de cultivos. Unha solución que propoñen é a roturación de novos montes e o mellor aproveitamento dos montes comúns. Introducen o cultivo de cáñamo, que era útil para a fábrica de cordoería de A Coruña. Tamén se ocupan do liña. Introducen o torno de fiar e estenden o seu uso mediante o aprendizaxe da técnica que permite fiar máis e de mellor calidade.
Pero pronto se nota o desaxuste entre os homes da pluma e os labregos. Sarmiento non anda con moitas contemplacións con estes señoritos de A Coruña e critícaos abertamente:
“Quien persuadirá a los Labradores gallegos que les será útil una Academia de Agricultura, fundada en el lugar más arenoso , y estéril de Galicia, qual es la Coruña; y en donde los más de los habitantes son Hombres de Pleytos, y de pluma; o son de espada, y de Milicia; o son de bolsa, y de comercio; o son tropa de advenidizos, que ni saben una Palabra ni un Verbo de la Lengua Gallega, tan precisa para hablar con los Labradores Gallegos? ... qué se podrá esperar de ellos , y de los estraños , para la Agricultura , e Historia Natural de Galicia”(3) .
A Institución académica foi languidecendo pouco a pouco cegando a pechar as súas portas o día 1 de novembrode 1774.

Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago (1784) e de Lugo (1785)
Son dúas sociedades que se fundan case ó mesmo tempo. As preocupacións son similares.
Repoboación forestal.
Nesta época funcionaban os estaleiros do Ferrol (A Graña) e consumiron gran cantidade de árbores para construír buques. Para iso foi preciso esquilmar moitos bosques e fragas. Por esa razón amosan agora os ilustrados unha especial preocupación por repoñer árbores nas superficies taladas. Poténciase entón a repoboación forestal dos montes, aprovéitanse espacios baleiros , como beiras dos camiños e estradas e os mesmos lindeiros entre leiras para plantar árbores.
Os liños.
Fomentan o seu cultivo porque é unha fonte de ingresos para o labrego que se fiaba nas noites de inverno, cando xa diminuíron as tarefas rurais. Importan semente do Báltico, sobre todo de Riga.Foron famosos os liños de Padrón e de Mondoñedo.
Tamén fomentan o cáñamo, como xa fixeran os académicos de A Coruña. Introducen o cultivo da seda, traendo vermes da seda e plantando moreiras con que alimentalos. Santiago contou con esta industria.
As industrias extractivas.
Para os ilustrados este tipo de industria (agricultura e minería) eran a base da riqueza do país (4), mentres que o comercio e outras industrias pasarán a un segundo plano:
“La agricultura es el Arte más noble , y la primera de todas: el nervio de los estados: la ciencia que debe cultivarse con preferencia: la mejor, la más necesaria, más fecunda, más provechosa, más digna del hombre libre y virtuoso, y la más decorosa” (5).
Pero tamén hai outros ilustrados que son moi conscientes da importancia do comercio, defendendo posicións propias do liberalismo de A.Smith.
Ibáñez ve no comercio o impulsor do ciclo productivo, “como Agente intermediario entre el propietario y el consumidor, multiplica por sus impulsos los valores, facilita los medios de reproducción de todas las especies y forma la riqueza de un país... Si una provincia superabunda en frutos y otra se halla escasa, nada hay más conforme a los principios de equidad y justicia que entreayudarse recíprocamente. La una vende el superfluo que le sería inútil, y la otra recibe los auxilios que le serían necesarios: resultando de ello una especie de equilibrio que sostiene la estimación de los granos, no envilece los precios y anima los sudores rústicos... El comercio en este caso es el agente útil entre las necesidades y las producciones: sirve al estado por la medida y simplicidad de sus operaciones, y por la extensión de sus empresas” (6).
O comercio aguilloa a actividade económica. Galicia, nese caso atópase con fortes atrancos debido ó seu illamento secular. De aí a teima dos ilustrados por abrir vías de comunicación que permitan comerciar con outras área de España e mesmo de Europa:
“Si, no obstante esta carga tan pesada, el Estado de que hablamos no se halla en decadencia, si la balanza del comercio con las demás naciones no se inclina contra él, esta contribución tan exorbitante no tendrá peores consecuencias.Pero si el comercio que la nación hace con los extranjeros, es casi todo pasivo, si la mayor parte de las telas o de los frutos que consume la recibe de ellos, será tanto mayor el mal cuantos los brazos de estos ociosos, empleados en las artes y la agricultura, servirán para curar el mal de que adolece. En un tal país, pues, la ociosidad de estos hombres será causa de que a su costa se enriquezcan las naciones vecinas industriosas y que, introduciendo en el los géneros de industria y de agricultura, extraigan la masa del dinero que deberían necesariamente circular para que fuese mantenido en el grado de vigor correspondiente” (7).

2. O progreso científico: as ciencias experimentais e as matemáticas
Antes da reforma que fai Carlos III na Universidade, na de Santiago xa se da unha reforma anterior levada a cabo por Diego Juan de Ulloa e Antonio Joaquín Sánchez Ferragudo, durante o reinado de Fernando VI. A ocasión parte dunha representación que un amplo sector do claustro, descontento polos abusos dos colexiais de Fonseca, eleva unha representación ó rei expoñendo os feitos. O monarca actúa con celeridade e nomea a Diego Juan de Ulloa visitador extraordinario (10.01.1748).

A cátedra de Cirurxía e Anatomía
A visita de Ulloa convértese nunha reforma da Universidade en toda regra, na que non imos a entrar, pero si hai que destacar algúns aspectos da reforma académica. En Artes existían tres cátedras: Súmulas, Lóxica e Filosofía. Agora engádese unha nova: Matemáticas. En Medicina existían as cátedras de prima. Vésperas e Método. Agora engádese a de Cirurxía e Anatomía. O claustro acata as reformas de Ulloa porque sabe que opoñerse significa enfrontarse co monarca. É nomeado primeiro catedrático de Cirurxía e Anatomía, Gómez de Bedoya, médico real, quen ten a obriga de dar catro clases prácticas de anatomía ó longo do curso. Bedoya impón certas esixencias ó claustro, como dar as clases en castelán, non esixirlle graos polo claustro e poder usar traxe normal para dar as clases. O claustro acepta as condicións.

A cátedra de Física Experimental
Durante o reinado de Carlos III impúlsase a reforma da Universidade mellorando os plans de estudios, introducindo as ciencias experimentais para poñerse á altura dos países europeos adiantados.
Na Universidade de Santiago, entre o ano 1770 ó 72 danse varios plans de estudios que logo son corrixidos e nos que se trata de modernizar o saber. O plan definitivo do 72 pon tres fórmulas para artes:
1) Para os que van a estudiar Teoloxía : Filosofía I,II,III utilizando o texto de Goudín.
2) Para os que estudien Medicina: Filosofía I,II (texto de Goudín); Matemáticas de Wolf e Física Experimental ( de Pourchot, discípulo de Descartes, autor de Institutiones Philosophiae). Esta cátedra aínda tarda varios anos en funcionar, como tal.
3) Para os que estudien Leis: Filosofía I ( de Goudin) e Moral de Aristóteles.

A cátedra de Física Experimental aínda no 1787 a impartía more escolástico o P. Xacobo Blanco a quen sucedeu Simón Rei.
No 1789 é nomeado catedrático da disciplina Francisco de Neira. El foi o verdadeiro introductor da Física Experimental en Santiago. Acadou moi novo unha cátedra de Medicina. Logo foi becado a estudiar Física Experimental a París, Londres e Edimburgo durante catro anos. En varias ocasións pide diñeiro á Universidade para mercar aparatos cos que montar en Santiago un laboratorio de Física experimental. O claustro non está por ese tipo de saberes e sempre lle nega os fondos. De volta a Santiago pide o traslado á cátedra de Física Experimental e así se lle concede dende Madrid, pero o claustro obrígao a graduarse en Artes, pese a ser catedrático de Medicina. Presenta un plan para a disciplina de Física, potenciando as Matemáticas e a Física Experimental para todos, con independencia da Facultade na que logo sigan estudiando. Nese plan de estudios di “que no habiendo otro modo de estudiar Física que el examen de los fenómenos de la naturaleza repetidos en el arte, no debe haber otra cátedra de esta ciencia que la que se intitula de Física Experimental y que a esta deban asistir todos aquellos a quienes según las órdenes anteriores obligue este estudio suprimiéndose desde ahora la enseñanza de la Física aristotélica como inútil y aún perjudicial al adelantamiento de las ciencias naturales”(8). Pero ese plan no foi adiante porque a maioría do claustro oponse ó proxecto.
Cansado de pelexar, no ano 1796 Neira oposita e gaña a recen creada cátedra de Medicina Práctica do Hospital s. Carlos de Madrid e á súa vez é nomeado Médico real. Perde a Universidade santiaguesa unha figura excepcional para as ciencias experimentais. Sucederalle o Dr. Camiña formado en Física, Química e Botánica.
Tamén Francisco de Castro mira con optimismo ó científico experimental de quen di que descubre “las causas de efectos prodigiosos, que la naturaleza parece que de propósito intentaba ocultar. Desune los compuestos naturales y los vuelve a unir, haciendo otros diferentes con maravillosos efectos, ya útiles, ya curiosos” (Castro, III, 12).
Tamén nos parece digno sinalar a valente afirmación do heliocentrismo por parte de Francisco de Castro :” ¿Qué entendemos que hay en los cielos? Un inmenso globo de luz , que llamamos sol, puesto en un centro inmóvil, desde donde esparce sus rayos á una inmensidad de espacios, iluminando todo lo que encuentra en su prodigiosa circunferencia. Vemos voltear sin intermisión alrededor de este gran globo de luz sus grandísimos cuerpos opacos, que llamamos planetas, y a los que los hombres han distinguido con los nombres de Mercurio(...). Vemos que cada uno de estos cuerpos corre por su determinada órbita a diferentes distancia, tanto del sol, como unos de otros, sin tropiezo, sin confusión, ni desorden: distancias sin duda grandes, pero determinadas e invariables. Vemos otros cuerpos también opacos, a los que llamamos
Planetas menores, que así como los mayores voltean en perfectos giros alrededor del sol, así estos lo hacen en torno a los Planetas mayores...” (9).

A matemática
No séc. XVIII empeza en Santiago unha escola de matemáticos ilustres, algúns de sona internacional.
A cátedra de matemáticas foi ocupada durante varios anos por Marcelino Pereira, pero ó ascender este a un importante posto administrativo en Valladolid, queda vacante e sae a oposición. Gaña a oposición o xoven discípulo de Neira, Xosé Rodríguez González, “dando lugar a que los Profesores del Departamento del Ferrol, que se habían llamado para jueces de este concurso , quedasen sorprendidos con los conocimientos de Rodríguez, y dijesen que más bien ellos podían ser sus discípulos”. O comentario do tribunal é dabondo elocuente e deixa en evidencia o nivel do candidato. Xosé Rodríguez foi chamado a participar en comisións internacionais de medición. Durante anos foi Director do Observatorio nacional. O seu facho foi recollido polos seus discípulos, dando merecida sona as Matemáticas en Santiago.

3. Os dereitos da muller : procura da igualdade xurídica.
Durante a Ilustración suscítase o problema da igualdade do home e da muller. Na Real Sociedade Económica Matritense hai unha forte polémica entre defensores e detractores da igualdade (10).
Entre os detractores hai que citar a Cabarrús quen se apoia na tradicional exclusión das mulleres na vida política e esa costume debe permanecer.
Entre os defensores da igualdade da muller destaca Rodríguez Campomanes e Xovellanos. Admiten unha igualdade xurídica, aínda que se recoñezan diferencias entre home e muller (capacidades diferentes e tarefas diferentes). Xovellanos afirma a admisión da muller na Sociedade Económica en pe de igualdade co home, pero non debe asistir ás xuntas e deben realizar tarefas específicas.
No ano 1778, Josefa Amar y Borbón presenta unha memoria en defensa das mulleres (Discurso en defensa del talante de las mujeres y su aptitud para el gobierno y otros cargos en que se emplean los hombres). A discusión alcanza importancia e o Rei Carlos III tercia na polémica abríndolle ás mulleres as portas da Real Sociedade Matritense.
No caso de Galicia, constatase a presencia dalgunha muller na Real Sociedade Económica de Lugo presidida polo Bispo Armañá. Tamén existiron ilustradas importantes en Santiago, aínda que non figuren na Sociedade Económica.
Vicente do Seixo – como recolle o detido estudio do Profesor Barreiro- fai unha defensa da muller no Discurso Filosófico y Económico Político sobre la capacidad o incapacidad de las mujeres para las ciencias y para las artes. Madrid, I , Repullés, 1801.
Vicente do Sexo móvese con certa ambigüidade cando se trata de baixar ó detalle concreto e ter que definirse. De todos xeitos, afirma que entre o home e a muller hai unha igualdade física, intelectual e moral.
Combate a afirmación tradicional da febleza física da muller que atribúe a diferente forma en que se educa con relación ó home, para así lograr a súa submisión.
Oponse a idea da inferioridade intelectual feminina:” Sería un gran absurdo pensar que el alma de las mujeres es de diferente naturaleza que la de los hombres, pues residiendo únicamente en ella toda la inteligencia de donde emanan nuestras ideas y los principios de las acciones ¿por que razón había de ser menos capaz que la de los hombres para aplicarse a las artes, a los estudios de la filosofía y distinguirse en ellos con igual, cuando no con mas brillante suceso? (...) pero para excluirlas los hombres de la igualdad en lo físico y en lo moral, se alega vanamente la delicadeza de su temperamento (11).
Sinala tamén a igualdade no campo dos dereitos naturais que os homes deben restituir á natureza, pois nada xustifica a autoridade que execren sobre as femias. O mesmo matrimonio debe ser expresión desa igualdade.
Hai dos campos nos que Vicente do Seixo non se define respecto á capacidade de participación da muller: o eclesiástico e a política. Aí simplemente procura evadirse do problema.

4. A rehabilitación dos oficios viles
A división que xa fixera Aristóteles entre artes liberais e mecánicas e a preferencia polas liberais supuxo o desprezo dos oficios e profesións ligados a transformación material. Así se viron como desprezables os oficios de zapateiro, ferreiro, carpinteiro, ferrador, curtidor etc. Este tipo de oficios envilecían á familia e mesmo inhabilitaban ós fillos para poder desempeñar un posto na administración, no exército ou como membro do clero. Era especialmente penosa a situación dos curtidores, que leva ó crego Pedro Antonio Sánchez a rebelarse contra esa inxustiza:
“Un labrador que se emplee en el curtido –dice- deberá por el mismo hecho contar que quedará envilecido para siempre, debe determinarse a ponerse una determinada nota de infamia a todos sus descendientes, y así debe persuadirse que ninguno será admitido a los empleos públicos , ni a los del ministerio eclesiástico; que serán desechados de cualesquiera gremios, hermandades o cofradías, que serán despreciados por sus vecinos y odiados por sus parientes. Todavía hay más: este hombre deberá desde luego desconfiar de dar estado a sus hijos. Los labradores, los demás artesanos, se creerían envilecidos si sus hijos hiciesen un enlace: aún cuando ellos pensasen hacerlo, no produciría esto más que disensiones y quejas a los tribunales, en donde el se vería sonrojado con los epítetos más injuriosos. Las órdenes religiosas, aquellas que han sido fundadas para ejemplo de humildad y opara enseñarnos a pisar igualmente los honores que las infamias del mundo, se creerían avergonzadas si admitiesen en su número a uno de esta familia. Los prelados eclesiásticos creerían haber deshonrado al clero, admitiendo a uno de estos a los sagrados órdenes” (Memoria anónima bajo el nombre de don Antonio Filántropo, en P.A. Sanches, La Economía gallega, páx. 50-1) (12); (Dopico, p.178).
O coengo Sánchez rebélase contra esta situación e fai oír a súa voz en Madrid a través duna memoria que envía á Matritense, que a súa vez a fai cegar ó Consello de Castela. Logra que o Rei emita unha Real Cédula no 1783 pola que declara honestos e honrados o oficio de curtidor e o resto de oficios manuais e que o seu uso nin envilece nin inhabilita para cargos públicos.

Conclusións
Podemos rematar reflexionando sobre o que aportou a Ilustración a Galicia e, polo tanto tamén, á construcción de Europa.
As novas ideas ilustradas europeas chegan aquí a contagotas debido ós filtros da Inquisición, pero a pesar de todo vanse abrindo pasode forma clandestina e van cegando a un pequeño grupo máis inquedo por saber.
A nivel social, a Ilustración potencia a cultura do pobo a través de escolas e bibliotecas que se crean ou melloran.
No campo da ciencia hai un inequívoco progreso ó introducir as cátedras de ciencias experimentais e potenciar as Matemáticas. Estes saberes adquiren agora unha gran importancia como pon de manifesto Hazard:” Puesto que la materia no era no era otra cosa que la extensión, la física no era otra cosa que la matemática. Se tenía gratitud a los geómetras por haber dominado la materia, por haber sustituido el verbalismo – el opio hace dormir porque tiene virtudes dormitivas-, por la seguridad de los cálculos. Gracias a ellos se tenía la clave de todos los fenómenos del universo” (13).
Melloran as condicións das clases populares, sobre todo agrícolas, ca introducción e mellora de cultivos e novas técnicas. Dende un punto de vista moral, dignifícanse algúns oficios considerados viles e reivindícanse os dereitos da muller en pe de igualdade co home.
A contribución ilustrada en Galicia foi positiva. Os ilustrados actuaron con bastante realismo, diferenciando entre o posible e ideal, por un lado, e o que realmente podía levarse a cabo, por outro. “En cualquier caso, las obras de los ilustrados gallegos no suelen ser divagatorias, ni retóricas, ni meramente especulativas, ni tampoco rígidamente doctrinarias. Son alegatos reiterados en denuncia del atraso económico, de la injusticia social, del parasitismo administrativo, de la marginación política. Son formulaciones reivindicatorias del derecho del país a un desenvolvimiento autóctono, encauzado – es natural- por los surcos de un capitalismo liberal”. (14)
A dous centos anos vista, non parece xusto cargar sobre a Ilustración a causa dos males que padece o noso século. Cando menos parece excesivo cargar sobre ela toda a responsabilidade da claudicación da razón crítica e da conseguinte dexeneración en razón instrumental ó servicio dos intereses dominantes. Igualmente parece esaxerado atribuír a destrucción do planeta á arrogancia da razón ilustrada. Pola contra, os excesos que cometeu o ser humano do séc. XX máis parecen debidos a un ofuscamento da razón que á lucidez mental que defende a Ilustración e á que nunca debemos renunciar.

NOTAS:
1- BEIRAS TORRADO,X.M., Notas previas para una Economía Política de la “Ilustración Gallega”, en La economía gallega en los escritos de Pedro Antonio Sánchez, Ed. Galaxia, Vigo, 1973, 11.
2- Cfr. TOUCHARD,J., Historia de las ideas políticas, Ed. Tecnos,Madrid, 1985, páxs. 320-21.
3- Volumen IV de la Obra de los 660 pliegos del Reverendísimo Padre Mro. Fray Martín Sarmiento, Benedictino. Que trata De Historia Natural, y de todo género de Erudición con motivo de un Papel que parece se había publicado por los Abogados de la Coruña, contra los Foros, y tierras que poseen en Galicia los Benedictinos. Y lo escribió en Madrid por los años 1762 y siguientes. Sacada esta copia del original , para el excmo. Sr. Duque de Medyna Sydonia. En Madrid, año de 1772, B.R.A.H., sig. 9-1828, nº5.781. (Cita recollida de DOPICO, F.,a Ilustración e a sociedade galega, Ed. Galaxia, Vigo, 1978, páxs.49-50).
4- Cfr. Barreiro,X.L., Ilustración, censura e reivindicación das mulleres, en Censura e Ilustración, Universidad de Santiago, 1997, páxs.95-138.
5- Vicente de el Seixo, Lecciones prácticas de agricultura y economía que da un padre a su hijo, par que sea un buen Labrador en cualquiera país del Mundo: Tomadas de las mejore Memorias que han publicado las Academias y Sociedades de toda Europa, y acomodadas a la situación local de España, tomo I, Madrid, 1792, páx.1 (cita recollida de Dopico, o. c. páx.131).
6- Carta escrita por D. Antonio Raimundo Ibáñez, del comercio de Rivadeo, en respuesta a un Caballero de Asturias sobre los recursos de que es susceptible la economía política del comercio de granos en España en los años escasos... Citada por Dopico, o.c.,páx.186.
7- Sánchez Vaamonde, P.A., La economía gallega en los escritos de Pedro Antonio Sánchez, Ed. Galaxia, Vigo, 1973, páx.64.
8- Vid. Libro de Claustros de la Universidad de Santiago, na data 9.07.1790. Consta unha copia do Plan de estudios da Cátedra de Física Experimental.
9- CASTRO, J. F., Dios y Naturaleza, III, Madrid, 1780, páxs. 34-35.
10- Cfr. BARREIRO,X.L.1997.
11- Vid. BARREIRO, X.L 1997. Recolle a cita na páxina 133.
12- Cita recollida en DOPICO, F. 1978, páx. 178.
13- HAZARD, P., La crisis de la conciencia europea, Ed. Alianza Universidad, 1988, páxs. 258-9.
14- BEIRAS, X.M., o.c. páx.12.
Rivas García, Manuel
Rivas García, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES