Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Persoas con entusiasmo

jueves, 20 de mayo de 2021
Non cabe dúbida que hai persoas pesimistas; pero tamén as hai MOI OPTIMISTAS.
TODOS COÑECEMOS PERSOAS QUE SON CAPACES DE VE-LA VIDA CON VIVEZA, CON INTENSIDADE, CON ARDOR, CON ENTUSIASMO, CON…

Son persoas que valoran moito o feito de vivir, o milagre da vida.
PERSOAS QUE Ó DESPERTAR SON CAPACES DE GOZAR CUN NOVO MENCER, GOZAR CUN NOVO DÍA, GOZAR CUN NOVO SOÑO POLO QUE LOITAR.

Hainas de tódalas idades:

-CRIATURAS que se senten entusiasmados aprendendo cousas novas, que disfrutan sabendo algo máis cada día, que soñan con ser alguén importante na vida…

-RAPACERÍA que aspira a metas moi altas para ser persoas de proveito para elas mesmas e para a sociedade porque queren mellora-lo mundo.

-ADULTOS que non se deixan afogar polos avatares da vida, que confían nas súas capacidades, que confían na xente,

-ANCIÁNS que se senten con ganas de vivir porque valoran como o mellor dos regalos un ano máis de vida, un día máis para disfrutar dos seus e cos seus…
Aman a vida e agárranse a ela…

-OS CRENTES de tódalas idades apoiámonos na Providencia e procuramos cumpri-la súa vontade e conservamos a esperanza nun futuro prometedor.
Afortundamente somos moitas as persoas que loitamos polo ben común.

Por eso vemos persoas de tódalas idades e condicións que acadan as súas metas:

-CRIATURAS que apuntan maneiras, férvelles o sangue, progresan adecuadamente…
Débese a que hai familias que se sacrifican "máis do que poden" para que a criatura cumpra os seus soños.

-XOVES que se esforzan por adquirir un bo nivel de coñecementos para gañarse ben a vida onde queira que sexa.

-ADULTOS que se reinventan aproveitando moitas veces os recursos herdados dos seus antepasados pero dándolles a utilidade que pide a sociedade actual.
Son persoas con imaxinación, persoas creativas, persoas que poñen en valor tódolos seus talentos e abren novos horizontes…

-ANCIÁNS que, acomodándose ás súas posibilidades, seguen levando unha vida activa e poñen calidez humana en todo canto fan.
Son unha enciclopedia aberta sobre moitas vivencias que non están escritas nos libros; pero que teñen moito peso social.

É un pracer escoitalas porque son un remanso de sabedoría paz e tranquilidade: MEDICINAS MOI NECESARIAS PARA A SOCIEDADE ACTUAL.

Porque estamos vivindo tempo de pandemia, de incertidume, de estreitura, de restriccións, de crise de valores…
Todos sabemos o que está pasando no mundo…

Ós que nos tocou nacer nun país próspero, no que se goza dun certo nivel de benestar, temos a obrigación de conservar e acrecentar este nivel de vida que tanto suor e bágoas lles costou ós nosos ancestros.
E, por suposto: compartir cos que o están pasando mal.

Sería moi doado botalo todo a perder; pero confiemos que os nosos gobernantes limen as súas diferenzas e se poñan a traballar unidos e con moito máis entusiasmo polo ben común.

Ultimamentealgúns gobernantes din que fan; pero os resultados que saltan á vista non son alentadores.
Esta situación crea incertidume e desánimo no pobo.
Confiemos que os efectos da vacina do Covid´19 nos protexan contra o coronavirus e poidamos reanudar canto antes unha vida cargada de entusiamo para saír deste túnel de tristura e decaimento para a poboación mundial.
O mundo enteiro precisa rearmarse de entusiasmo e valor.

"DESEXÁMOLO DE CORAZÓN"

Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas polo seu entusiasmo e por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES