Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A violencia non se recicla

lunes, 17 de mayo de 2021
A violencia non se recicla Dezasete de maio. Día das Letras Galegas. Escribindo en galego estamos. Tamén, Día Mundial da Reciclaxe. Agora a verdade é que case se recicla todo. Ese case é o que nos amola sempre. Porque a felicidade, a harmonía e a paz, por moitas veces, non as conseguimos reciclar. E por suposto, a violencia. Esta si que non se recicla nunca! E senón que llo pregunten ó pobo palestino; unha e outra vez e cen veces máis masacrado, bombardeado e dobregado por ese demo que teñen á súa beira, por ese Israel ianqui que nunca se quere reciclar. E non lle importa esgazar Gaza, como di o noso Carrabouxo. Así é que o sangue, a dor e a morte son os que se reciclan nas mulleres, nos nenos, na poboación civil.

Somos coma galos sen cabeza que, nun suspiro, espallamos violencia por cada recanto da Terra. A policía colombiana aproveita as manifestacións dun pobo que non aguanta máis para esparexer violencia e violacións sobre os desprotexidos. Sempre sobre o máis débil. A covardía recíclase sobre o máis débil. Violencia máis alá das masacres dos institutos americanos; agora tocoulle a un colexio ruso, onde un exalumno matou a sete escolares en tan só oito minutos. Non quero pensar se os minutos se duplicaran ou triplicaran.

Violencia ata cos cans na cidade de Ourense, en forma de cebos con alfinetes. Intúo que serán desalmados ós que lles molesten os ladridos dos cans ou os excrementos destes. É verdade que ás veces os excrementos son coma minas nas beirarrúas ás que hai que sortear unha e outra vez; pero aí non ten culpa o can (o animal en algún lado terá que defecar), senón o dono do can por non o limpar.

Violencia contra Pablo Iglesias. Si, contra este ó que nunca votei, pero que non quita que o defenda pola caza de bruxas ó que o someteron desde que saíu a escena. Xa só no alcume nótase ás leguas esa violencia verbal: O Coletas. A xente pronúnciao tan despectivamente coma se berrara "Negro!". Racismo puro e duro. Aínda agora, os propios medios de comunicación botan man do seu corte da coleta, como dando a entender que esta foi a culpable do seu paso pola política española. Por certo, canta tristura que a prensa lle dedique espazo a un simple corte de pelo, coma se neste país non houbese outros temas máis candentes.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES