Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Solidariedade que non caridade

miércoles, 19 de mayo de 2021
O día 7 de maio celebrouse o centenario do nacemento de Eva Perón. Con este motivo, o papa Francisco falou dela e fíxoo a través do que fora o seu confesor, relatando o que este lle contara. A raíz de aí, reflexiona sobre a diferenza que existe entre a solidariedade e a caridade, apostando claramente pola primeira.

Que un papa aposte pola solidariedade é un feito histórico que merece unha consideración e unha análise porque significa dar o salto do sometemento á emancipación. Significa anular débedas para acceder a interdependencias.

Significa crer que o ser humano ten dereito a apoiarse noutro semellante para botarse a voar e a voar libre sen o lastre do primeiro apoio. A solidariedade non ten custo, só esixe a empatía de axudar como nos axudaron, de botar a voar a todos aqueles que nos atopemos no camiño. En cambio, a caridade é megalómana, esixe o nome, a firma, a nova, a adulación e da adulación á submisión hai un paso moi pequeno que nos fai insubmisas a todas aquelas persoas que non estamos dispostas a dalo por ninguén e moito menos a favor de ninguén.

Por todo isto, paréceme un auténtico fito que un papa (Francisco) se decante pola solidariedade e poñendo un exemplo tan concreto e analizable como é o de Eva Perón. Ogallá a solidariedade substitúa á caridade no tríodo das virtudes cristiás.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES