Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As palabras poéticas na fardela de Antom Laia López

jueves, 20 de mayo de 2021
O poeta melidense, Antom Laia López, abriu gabetas e fardelas para liberar as palabras que recompoñen decisivos albores. A vocación expresiva e clamorosa do poeta imponse sobre os erros e disidencias amagadas do pasado. Oportunamente, Antom Laia soubo abrir a modiño o seu ateigado fardelo de palabras usadas e moduladas coa solvencia de saber desenvolver e envolver o novelo das celebridades que nunca desatendeu Penélope, en súa ollada albiscadora envolvendo e desenvolvendo pertenzas cara adiante As palabras poéticas na fardela de Antom Laia Lópeze cara atrás. Así fixo este poeta, creou os seus propios horizontes, palabra a palabra. Os seus constantes auxilios que fornecen este grato poemario, fundamentado nun proxecto vindo da súa propia traxectoria que marca esta innovadora entrega, titulada: "E na gaveta um fardel de palavras". Publicado pola editorial brasileira, Urutau (2021), www.editoraurutau.com.br

Trinta e dous poemas que marcan un novo espazo na poesía en lingua portuguesa e da autoría dun poeta galego comprometido coa universalidade da escrita lusófona, con repercusións de converso e eficiente activista na propagación da palabra esencial que nos mantén na unidade. Isto marca a vitalidade dun compromiso que Antom Laia López asumiu en varias vertentes e direccións que marcan os puntos de partida deste poeta, no marco decisivo deste libro de estrea: "E na gaveta um fardel de palavras". As palabras engabetadas, ben pechadiñas no fardelo das emocións e das esperanzas, rematan de resucitar as súas potencialidades.

Nesta dirección apunta a autora das palabras iniciais, en síntese de prefacio, a poeta Teresa Ramiro: "As palavras sempre tiveron vida nos camiños de Antom; de neno -encuanto o pai dava forma as madeiras- acovilhado entre tacos de virutas, garlopava no universo infinito das palavras em livros daquelas prohibidos. Medrou o neno, e as palavras foron deslizandose en tupidos versos no interior das gavetas. Pasaron os anos ata que o autor escoite os gritos dessas palavras que pulan por sair das gavetas, entom decide por-lhe asas e deixar que voen livres -nasce o poeta".

O relato de Teresa Ramiro sitúanos no centro orixinal do universo intelixíbel de Antom Laia, cando abriu o fardelo da memoria e a ruta iniciática pola que percorre a súa As palabras poéticas na fardela de Antom Laia Lópezpoesía. Qué poesía atopamos na ofrenda deste libro de Antom Laia? Amplos exemplos do tempo ido, coa carga da tristura e dos medos oficializados pola detestábel ditadura de corenta anos de existencia. A poesía deste autor puntualiza enerxicamente un reencontro cos tempos da memoria, ben gardada e acumulada nas gabetas e fardelos da lembranza, apta para a reconstrución do que non se pode perder, engadindo outras experiencias de poetas e escritores, que Antón tutela algúns dos seus poemas con curtos versos deses autores. Máis nesta ocasión non lembrou ao seu admirado Mia Couto, tan recoñecido na escrita de Laia López, que el reitera noutros medios. Lapsos, lapsos!

No final do poemario, encontramos un texto moi suxerinte e curioso, titulado: "Amo e Detesto". Un tema moi persoal e profundamente respectábel no que corresponde ao que el gusta e ao que detesta. Moitas veces os gustos de un, explicitamente manifestados, producen desgustos a un mesmo. Mais ninguén pode pór límites e barreiras á liberdade de expresión dun autor da capacidade e benquerenza de Antom Laia López. No meu caso máis persoal, coincido co nome de moitas persoas que Antóm ama e, tamén, no que toca a detestábeis persoeiros e outros temas que detesta, eu coincido con el no encadramento dos detestábeis de algúns dos persoeiros da escolla. Non así co sionismo. Aquel movemento dos xudeus sen patria e espallados polo mundo, que foron capaces de organizar en 1897, empeñado en tomar apousento na súa patria arrebatada, tomando como referencia liberadora ao emblemático monte Sión de Xerusalen. O Sión nacionalista foi capaz de recuperar a patria arrebatada. En 1948 foi posíbel ver ondear a bandeira israelita no monte Sión liberado. Mais o sionismo, no sentido pexorativo, está cargado de detractores, moitos deles de boa fe, que mesturan o termo sionista, coas atrocidades que os gobernos de Israel empregan parecidos métodos de holocausto que os xudeus sufriron e que agora empregan coa nación palestina sometida, como estamos vendo actualmente. Seguro que a Laia López lle gustaría ver ondear a nosa bandeira da liberdade na cimeira do monte Bocelo, emblema das terras de Melide. Ou a min no monte Faro chantadés liberado e proclamado coas insignias recobradas. Neste monte, outros ergueron bandeira partidaria coa arrogante voz de humillarnos, non fai moitos anos.

Concordo e respecto estritamente co que di o noso poeta ao final do seus libro: "Por muitas coisas detesto o que detesto e amo a quem amo, por isso tomo o sol, mentras o tomo espero". Unha excelente encomenda para iniciar a lectura deste poemario, de pedagóxicos contidos e amplas harmonías estilísticas. Non nos deixará indiferentes.
García, Xosé Lois
García, Xosé Lois


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES