Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sismos

viernes, 14 de mayo de 2021
Vanse cumprir vinte e catro anos do gran terremoto que sufríu Galicia, terra na que non tiñamos conciencia de que fose unha comunidade sísmica. Na madrugada do 22 de maio de 1997, un terremoto de forza 5,1 na escala Richter con epicentro en Triacastela, sacudiu o país, sendo quizais eu o único que non o notou porque conducía por Camiño Real, e os baches que daquela tiña a rúa superaban calquera terremoto.

O catro de maio pasado, un terremoto en Madrid sacudiu o territorio nacional, evidenciando que unhas eleccións para gobernar só dous anos, poden provocar un sismo que nos afectou a todos polo explosivo resultado, que puxo extraño colofón a unha campaña electoral aínda máis rara.

Cando aquel e outros sismos afectaron a Galicia, entendidos ou iluminados pretendendo buscar as causas, chegaron a supoñer que a presión nas placas tectónicas das augas embalsadas en Belesar provocaban aqueles movementos.

Ninguén parece apreciar as razóns deste terremoto de agora, e a alegría do PP por entender extensible o éxito a escala nacional, atopa a resposta do Psoe de que o tema non sae da casa madrileña, mentras Podemos resulta duramente castigado e o seu por veces conflitivo líder abandoa o escenario, Ciudadanos desaparece, e Más Madrid supera ao Psoe.

Haberá que estudar as causas dun sismo para o que non hai embalses físicos provocadores, pero todo terremoto –político- ten causas que os especialistas teñen que prever e comprender. Porque se os que vemos o panorama desde fóra percibimos o que pode pasar, parodiando o catecismo do Padre Astete, ten que haber doutores na política que o saiban entender.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania