Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Sobre un refacho de vento

viernes, 14 de mayo de 2021
Prendín da cola dun refacho de vento e deixeime levar. Atravesei lagoas e castros, carballeiras e ríos cheos de auga. Esquivei muros e valados, ascendín en bambáns descontrolados, pero dunha maneira ou doutra, cheguei a todos os lados. Souben contemplar como quedaba todo e como se movía a aireada, o refoleo. Por veces, o condenado, mareábame. Pero aguantei os embates da súa forza e dos seus movementos. Pouco a pouco cheguei ó medio do refacho e alí ateime para non caer nos maiores ímpetos das súas correntes.
Pingas de Orballo: Sobre un refacho de vento E xa ben atado, contemplei os afáns e as aspiracións da miña existencia. Devecín por desexos descontrolados e chantei diante dun espello para debuxar un peito cuberto por un sombreiro. O refacho de vento meteuse por un bosque espeso, tan basto que tan só conseguín ver a miña ansiedade no mesmo centro.
Cheguei á cabeza do refacho de vento e as ansias abríronse de par en par para contemplar a vida en silencio e en movemento, coa ilusión dunha heroicidade soñada e coa alegría de ver o espírito dun camisón branco. Sempre haberá un instante nese continuo balanceo no que a melancolía se perda por entre as nubes brancas dunha canción, ou no que a señardade asente nas catro estrofas dun ceo azul. Déixome levar polo refacho de vento para descubrir a cume da realidade. E quero que a viaxe sexa infinita e eterna, cegada pola flor do toxo e co ruído do mar zumbando á miña beira.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES