Ata a China
Editorial - lunes, 23 de junio de 2008
As viaxes oficiais menudean, no afán municipal ou autonómico de contactar con galegos no exterior, que poden ser interesantes á hora de desenvolver proxectos de investimento, colaboración económica, ou aportar votos á hora de consolidar un goberno que depende de todos os apoios.
Normalmente, estas viaxes efectúanse a Hispanoamérica hacia onde unha emigración galega masiva de outrora proporcionou primeiro man de obra e logo habitantes para paises en desenvolvemento que formando parte daqueles paises seguen a ser galegos, exercendo como tales mesmo á hora de votar.
Cuba ou Arxentina, Brasil ou Paraguay, son punto de destino económico-político, con carga social, con carga interesada, interesadas viaxes das que poden saír beneficios para todas as partes.
A máis lonxana viaxe, ven de celebrarse desde o concello de Lugo a China, onde se celebrou o acto de irmandade entre a Muralla romana de Lugo e a Gran Muralla China, nun acto que vai redundar en publicidade lucense na maior potencia humana do mundo.
Tomar como pretexto unha muralla para viaxar a un xigante como China, facendo irmandade dunha muralla romana co xigantesco muro oriental, e de paso tentar facer negocios, é unha ousadía que merece un bo resultado, como todas as empresas arriscadas que parecen sobrepasar as dimensións normais dunha aventura.
Á China chega a máis longa viaxe dunha embaixada, precisamente desde a capital do que foi Convento xurídico lucense hai dous mil anos. Ogallá resulte rendible.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora