Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os faladoiros: Unha voz que clama no deserto?

miércoles, 12 de mayo de 2021
"A idea foi sempre visualizar o galego dentro da cidade". Que ben! "Que en vilas e cidades houbese algo parecido, e que mesmo non dependese só de persoas voluntarias como é o noso caso". "O faladoiro tenta cubrir esa necesidade de ter un espazo no que a xente saiba que un día a unha hora sempre pode ir e practicar”. (M. Loureiro, Nós diario, 10-05-2021).É unha cuestión de dignidade como pobo.

Para quen é? Principalmente para neofalantes. Percíbense a si mesmos como incapaces de defendérense en galego, o idioma que forma parte da súa máis nidia e fonda identidade.

Non se trata dunha guerra de linguas. Iso deixámosllo a outros. Pero si de coñecer, dominar e quererlle á "nosa lingua que celestiais harmonías ten", desde a alma colectiva, desde o NÖS. Sen fanatismos e sen complexos enfermizos ou mal intencionados. Para darlles seguridade, cariño, dignidade, autoestima, fachenda e afecto aos neofalentes de todas as idades. Os que sempre falaron en castelán porque non tiveron oportunidades de verdade para expresárense e perder os medos.

Como me agradaría que o meu Concello, Narón, acariñase e axudase a patrocinar esta iniciativa, que non ten por que supor gasto económico.

Sra. Alcaldesa, falo en serio. Xa sería ben promover e impulsar eses faladoiros. Ofrezo gratuitamente parte do meu tempo de xubilado para colaborar nese voluntariado para alentarmos eses faladoiros, sempre que sexan serios e ben estruturados. O patrimonio máis grande que nos deron está a empobrecerse e a morrer: E a lingua estanos a morrer polos máis novos. E "quen nos quer sen fala, quer matarnos"."Porque a fala é a verdadeira liberdade".

Os maiores, (teño 84 anos), a maioría, somos de procedencia rural e temos esta riqueza. Dominamos o idioma: a lingua e a linguaxe. Temos un léxico amplo e científico. Unha sintaxe con estruturas garantidas e propias, con todo o xenio creativo do noso pobo, porque por nacenza dominamos a cultura antiga e mesmo a máis hodierna e actual, sen mimetismos forzados ou alleos.

De non ser así, como algo case institucional, isto xa tería de nacer coma un voluntarismo máis feble. Pero seguro que nacerá. "Porque o idioma somos nós, pobo común, vencello que nos une e pon en pé, herdanza secular de cada un, fogar no que arde acesa a nosa fe". Sexa pois. E nós que o vexamos.
Campo Freire, Xaquín
Campo Freire, Xaquín


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES