Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sérgio de Castro Pinto nos miolos de Mário Quintana (de poeta a poeta)

martes, 11 de mayo de 2021
O poeta, contista e excelso escritor e profesor, Sérgio de Castro Pinto (1947), natural de João Pessoa, capital do estado de Paraíba, na súa segunda edición do seu libro: "Longe Sérgio de Castro Pinto nos miolos de Mário Quintana (de poeta a poeta)daqui, aqui mesmo A poética de Mário Quintada", publicado por Ideia Editora (2020), www.ideiaeditora.com.br. Trátase dun ensaio que non só nos aproxima, tamén nos axuda a descarnar polo miúdo, á obra doutro enorme poeta, Mário Quintana (1906-1994). Natural de Alegrete no estado Rio Grande do Sul. Un dos elocuentes vultos da poesía brasileira, que fica no alto e honorífico sitial poético, confraternizando apousento con os grandes clásicos da modernidade brasileira do século XX: Drummond de Andrade, Manuel Bandeira, Cecília Meireles, Murilo Mendes, Vinicius de Moraes, João Cabral de Melo Neto, etc. Mário Quintana representa un período longo iniciado en 1940, co seu pletórico libro inicial: "Rua dos cataventos", de excelente repercusión na crítica literaria brasileira. A máis de poeta foi contista, cronista, xornalista e tradutor.

"Longe daqui, aqui mesmo", é un tratado analítico de Sérgio de Castro Pinto, transcendente e fundamental sobre os percursos en que se nutre a poesía de Mário Quintana. Este libro marca nove bloques escudriñados por Castro Pinto e minuciosamente estudados nunha maneira empírica. Son os seguintes: "Mário Quintana e a Crítica", Teoría e práctica do Soneto", Entre o caos e a cosmogonia", Mario Quintana e a geração de 45", "Mário Quintana entre o humor e a hironia", "Mário Quintana e a Modernidade", "Longe daqui, aqui mesmo" e "Considerações finais". Un nutrido inventario para descarnar a súa basta obra e entrar nas entretelas do groso tecido da escrita de Quintana, coa oferta crítica de outro dos grandes poetas brasileiros e críticos literarios como é Sérgio de Castro Pinto. Unha oferta constatábel sobre os contextos plenarios deste libro. Neste asunto, remitímonos á repercutida mención da profesora e autora do prefacio deste libro, Dra. Léa Mesina: "Podese sintetizá-las numa frase: esta publicação qualifica, sobremodo, o catálogo de qualquer editora e, além disso, contribuirá também para enriquecer a fortuna crítica do poeta. Outra qualidade salta aos olhos: ele documenta algúns momentos de rara empatía entre um críticoe seu objeto, contrariando as velhas noções acadêmicas de que um texto rigoroso e sério deve ser, forçosamente, fruto do distanciamento crítico e recheado de farta erudição".

A vital aptitude de empatía de identificarse co outro, marca en Castro Pinto unha das competencias críticas que gradúa esa forza emocional con que o autor transmite a súa devoción pola creatividade de Quintana e, sobre todo, esa empatía explora e aflora, no sentimento, as procuras do poeta desexado en súa propia dimensión, como sucede no primordio do capítulo: "Mário Quintana e a crítica". Un capítulo que proporciona ao lector os esquemas deste poeta gaucho, sementador de humanas proporcións do seu inventario creativo e iniciático nas tendencias e pesquisas que Castro Pinto descobre emocionantes respiros estruturais nas incidencias marcantes da crítica, nestas lecturas que nos aporta o autor de "Longe daqui, aqui mesmo".
Sérgio de Castro Pinto nos miolos de Mário Quintana (de poeta a poeta)
O capítulo que afronta a eficacia sonetista de Mário Quintana, titulado: "Teoría e práctica do soneto", é unha das grandes recompensas nas que entra Sérgio de Castro Pinto, constatando dos logros estilísticos mais interesantes de Quintana, que esclarecen as singularidades da poética deste creador gaucho, como é o soneto. Quizais un dos xéneros mais contundentes para verificar os contextos creativos deste soberano autor que culminou a revolución sonetista, nun Brasil que destacou dándolle preferencia ao soneto. Mais as resonancias e rumbos da creación máis substancial con que tratou Quintana o antigo proxecto petrarquiano, o estuda e resalta Castro Pinto, procurando dunha maneira substantiva e meticulosa, fainos reencontrar co simbolismo deses sonetos iniciais do libro: "A rua dos cataventos", que resultou ser unha das ofertas que anunciou as vindas da Xeración do 45. O aporte do poeta de Paraíba concédenos esa apertura de poder descifrar os condutos interiores da arte dos sonetos que perfilou Quintana.

"Longe daqui, aqui mesmo", é un libro que nos seduce na apaixonante descuberta dun clásico poeta do século XX brasileiro, que apuntou en varias direccións creativas. Un libro que é necesario ler na península Ibérica, sobre todo na Galiza e Portugal, onde estes dous poetas, o estudado e o estudoso, son coñecidos. O primeiro por varias publicacións que se teñen espallado por estes territorios. Polo que fai ao segundo, o protagonista do libro, tamén é coñecido por unha antoloxía da poesía brasileira publicada na Galiza en 2001, e por varias antoloxías brasileiras publicadas en Portugal. Para realizar unha entronización completa, na poesía Mário Quintana, temos que entrar nos recursos deste libro da autoría do poeta Sérgio de Castro Pinto, necesariamente.
García, Xosé Lois
García, Xosé Lois


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES