Algo de todo
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 13 de mayo de 2021
Por pouco que observemos a nai natureza, comprobaremos que hai algo de todo nos diferentes reinos.
Así, no tocante ás froitas observamos que: as de cor verde teñen unhas propiedades, as vermellas outras, as alaranxadas outras e as moradas, outras.
¿Cales son mellores?
Todas son boas, unhas para unhas cousas e outras para outras.
POIS ALGO PARECIDO PASA COS SERES HUMANOS: UNHAS PERSOAS SON BOAS PARA UNHAS COUSAS E OTRAS PARA OUTRAS:
Cada persoa ten as súas capacidades e a súa valía; non todas valemos para o mesmo; pero todas somos necesarias porque todas nos complementamos.
De tal xeito que:
Tódalas profesións e tódolos oficios son moi dignos e moi necesarios cando son desempeñados con amor.
No mundo hai moitas persoas: xenerosas, dilixentes, caritativas, castas, humildes, modestas
Tamén as hai que teñen envexa por todo, que son tacañas, que son preguiceiras, que teñen moita soberbia
Pero a maioría intentan ou intentamos ser persoas de ben.
Somos aquelas persoas que recibimos unha boa educación en valores na escola doméstica, é dicir, no fogar, porque:
O FOGAR É A PRIMEIRA ESCOLA NA QUE ADQUIRIMOS UNS VALORES QUE CONFIGURARÁN A NOSA PERSONALIDADE PARA TODA A VIDA.
A maioría dos fogares esméranse todo o que poden e saben.
POR ESO NOS ENCONTRAMOS CON MOI BOAS PERSOAS NO CAMIÑO DA VIDA:
-Persoas xenerosas que mamaron a xenerosidade no fogar e saben compartir.
-Persoas dilixentes, que viron como hai que espabilar para saír adiante na vida.
-Persoas caritativas que se criaron nun ambiente de servizo e axudan ós máis necesitados que encontran pola vida.
-Persoas moderadas que saben ata onde poden chegar e onde teñen que parar. Son as persoas prudentes.
-Persoas leais que gardan fidelidade e lealdade coas persoas que comparten a vida. Son persoas de fiar.
-Persoas humildes que nunca desexan sobresaír por encima de ninguén; pero as súas obras falan por sí soas.
SON PERSOAS EXEMPLARES QUE DEBEN SERVIRNOS DE ESTÍMULO PARA CULTIVAR A BONDADE DENTRO DOS NOSOS CORAZÓNS.
A fin de contas construíndo un mundo mellor para nós mesmos, estamos construindo un mundo mellor para todos.
Aínda así:
TEMOS MOITO QUE MELLORAR APORTANDO O NOSO GRAO DE ÁREA NO DESERTO DO MUNDO.
Se melloramos todo canto podemos
Pode que non progresemos ó ritmo que nos gustaría; pero se facemos o que podemos, xa facemos moito.
Tampouco se trata de querer amañar o mundo.
BASTA CON QUE MELLOREMOS ALGO A NOSA PARCELA PERSOAL E XA ESTAMOS COLABORANDO A QUE O MUNDO MELLORE ALGO.
Penso que foi Einstein quen dixo que todos somos ignorantes
Por eso todos temos fallos.
Aínda así: TODOS SABEMOS ALGO DE ALGUNHA COUSA
Ese saber que temos adquirido é para o noso proveito persoal e máis para compartir coas persoas coas que nos toca convivir:
-Compartindo responsabilidades na familia.
-Compartindo responsabildades na sociedade.
-Compartindo o que somos e o que temos.
COMPARTIR RESPONSABILIDADES SUPÓN ENTREGA, TESÓN, ESFORZO, SACRIFICIO, SUOR,-a veces- ATA BÁGOAS.
Por eso se di que "NA VIÑA DO SEÑOR HAI ALGO DE TODO".
Trátase de persoas que, podendo gañarse o pan co suor do seu rostro, optan por vivir á conta das outras.
Afortunadamente, son as menos
O CERTO É QUE O MUNDO VAI O BEN QUE VAI, GRAZAS A TODAS AQUELAS PERSOAS QUE SE DESPERTAN POLA MAÑÁ CUNHA ILUSIÓN E UN RETO QUE SUPERAR.
Todos as coñecemos, son as persoas con entusiamo.
"PERSOAS CON ENTUSIAMO"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora