Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O burro manso

miércoles, 12 de mayo de 2021
Corrín detrás da conciencia dun burro manso, pero, o maldito, nin tiña conciencia nin era manso. Choutaba todos os valados que se lle puñan por diante. Non tardei en perdelo de vista. Fun mirar por se se metera na lagoa de Almoite, pero nada. Achegueime ata os lameiros de Disoutrolado e tampouco o vin; nin tan sequera notei a súa presencia, pois non había ningunha pegada del nos camiños. "Mentres non se O burro mansomarche para San Pedro da Mezquita", déuseme por pensar. Despois ata eu quedei asombrado do meu propio pensamento. Que se lle perde en San Pedro da Mezquita?, coa distancia a que está de Baños de Molgas! Ó mellor igual foi porque, camiño dos Poulos, buscando no burro manso que non era tan manso, tiven coma un flash da fermosa igrexa desa localidade da Merca.
Que me estou desviando da conciencia do burro manso. Máis seguro que tanto a conciencia del como el mesmo pillaran camiño do muíño do Dositeo, alá moi cerquiña da ponte das Cepas. Ese burro manso sabía que no muíño había unha burra que tamén era mansa, quizais demasiado mansa. Non obstante, aínda confiei un pouco que non marchara para alá, que igual andaba por entre as matogueiras de Barricobos. Eu, por se aquel, sentei á sombra duns amieiros que había á beira da presa da Porfía e esperei. Esperei a que chegara a noite para tanguer as vacas e a ver que pasaba. A ver se o burro tiña ou non tiña conciencia e se era ou non era manso.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES