Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á beira do Camiño: ¡A verdade fainos libres!

lunes, 23 de junio de 2008
Frase avalada en feitos e pasaxes da Biblia. Idea predominante no Evanxeo de Xesús e na vida e vivencias das primeiras comunidades cristiás, que deberían ser modelo/exemplo para a nosa Igrexa, nas cuestións de fondo. Tamén rexe nas diversas crenzas relixiosas das relixións non cristiás e aniñan na mente/corazón das tribos e sociedades primarias como ética humana.

¡A verdade fai persoas libres! Ademais, conforme ao Espírito de Deus que nos deixou Xesús (e a Igrexa confesa) a verdade fai persoas auténticas e coherentes, valentes e fortes. Fai homes e mulleres, sen medos e complexos. Tamén nos fai máis sinxelos e máis próximos aos demais. En todos os eidos da vida. Vidas distintas pero todas moi semellantes á de Xesús e dos seus seguidores. Tanto no terreo persoal/individual, coma no terreo e ambiente familiar e veciñal, vocacional e profesional. Está vivo e presente nas nosas vidas, sobre todo cando se trata da nosa relación cos demais, tanto no eido do traballo coma no da cultura, o ensino, o labor social, a vivencia relixiosa e mesmo no mundo do ocio/lecer.

Todo isto está en relación coa Palabra de Deus deste domingo e coa do pasado, a respecto dos silencios e medos por parte dalgúns membros da cúpula episcopal ante feitos escandalosos que aconteceron, días pasados, nos que a nosa Igrexa actuou tarde e lentamente cando debería ter sido a primeira en dar exemplo, ser testemuña de transparencia (a mesma que esixe aos demais) mestra da verdade e de vivencias exemplares neste desorientado e escandalizado mundo.

Coa mesma forza coa que o domingo pasado denunciaba o inexplicable silencio da cúpula da xerarquía e da súa lamentable lentitude (que a facía culpable e cómplice) aplaudo, agora, o longo proceso iniciado para manter a fidelidade ao ideario da Cope tomando as decisións que sexan precisas. Agora, xa non serven as verdades a medias ou o absurdo consolo de repartir responsabilidades e culpabilidades. E, por riba, aínda non acaban de acertar na linguaxe das súas notas e comunicados. Peor aínda as declaracións dalgúns xerarcas. Deberían utilizar un estilo sinxelo, claro e directo. Ao xeito de Xesús, o noso Único Mestre, Pastor e Señor.

A fidelidade é un compromiso difícil. Foino para os profetas de Israel. Tamén para Xesús e, polo tanto, pode selo para nosoutros, actuais seguidores de Xesús. Os intereses e os medos non son compatibles co Evanxeo. Eses intereses/medos fan persoas mediocres e indecisas. Para un cristián, significan falla de fe e confianza en Deus e nos demais. Espero acepten a miña liberdade de invitalos a ler o que segue, con mentalidade actual: “Eu sentía as ameazas da xente que dicía: “Non hai máis que medo ó redor de nós; denunciádeo, ímolo denunciar. Os que eran meus amigos axexaban os meus pasos. A ver si se deixa enganar –dicían- e poderemos con el, vingarémonos del. Mais, .o Señor anda sempre comigo... o Señor salvou a vida do pobre defendéndoa dos malvados” (Xeremías) A outra pasaxe: “Non lles teñades medo aos homes, pois ningunha cousa hai tan oculta que non se chegue a descubrir; nin hai segredo que non se chegue a coñecer. O que Eu vos falo pola noite, decídeo á luz do día; e o que vos digo caladamente, pregoádeo desde os terrados das casas. Non lles temades ós que matan o corpo pero non poden matar a alma...” (Estas palabras son de Xesús).

Sen comentarios. Só reafirmar que me fío de Xesús e me rebelo, a tempo e destempo, ao lado de Xesús e á sombra do seu Espírito, dentro dunha comunidade que goza proclamando, a cotío, o estandarte da liberdade, fonte de vida e banquete compartido cunha sinxela canción de esperanza. Tiren vostedes as súas propias conclusións, despois de reflexionar, xa que estamos investindo a nosa vida no proxecto máis grande que existe posto nas nosas mans.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES