Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: O funcionario labrego

martes, 11 de mayo de 2021
Son más rápido que Billy O Neno. O pistoleiro Billy O Neno era o máis rápido do Oeste e este paisa que escribe é o máis rápido do Ribeiro. En menos dunha hora cavei ou sachei as patacas. E non foi nunha hora calquera, senón nesa na que a canícula aplanaba e, hoxe, que estaba de tormenta, queimaba: das dúas ás tres da tarde; minuto arriba, minuto abaixo. Caveinas a peito descuberto, claro. Polo que nunca necesitei praia para poñerme moreno, negro ou coma un pote.
Pingas de Orballo: O funcionario labrego A verdade é que sempre me sentín labrego. Por enriba incluso da miña profesión oficial: a de funcionario. Porque sendo funcionario sempre traballei nos eidos, sempre fun labrego. Lembro, por exemplo, naquelas vacacións de verán que tiña como funcionario nos anos 80, que cando chegaba de Madrid a Baños de Molgas no expreso ás seis da mañá e sabendo que nunha hora había que levantarse da cama para ir segar a herba, xa nin intentaba deitarme. Logo dos típicos saúdos cos pais, collía a gadaña e marchaba, sen durmir, para Os Lamas ou para a parcela do Medo ou para o Río Vello.
Sendo funcionario, nos anos 2000, traballei unha viña de case unha hectárea pola zona do Ribeiro que me daba máis traballo que todas as leiras xuntas de Baños de Molgas. A iso, aínda que se lle chama viticultura, para min sempre entrou dentro da rama labrega. E sendo xa funcionario xubilado, sigo sendo labrego porque non me custa nada coller unha fouce ou unha eixada ou un sacho e fundir os riles nunha labranza, quizais miserable, pero bonita.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES