Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Idolatrar as ideoloxías

viernes, 07 de mayo de 2021
Cando se escoitan algúns afiliados políticos ou simples pasionais defender certas solucións gobernativas, o primeiro que se ven a imaxinación é se as calidades das súas intelixencias están afectadas por unha visión dos contidos ideolóxicos que profesan dun modo idolátrico. Hai que excluír aquelas persoas que simulan comulgar cunha ideoloxía concreta por razón de manterse nun cargo, e para isto calquera marco ideolóxico lles vale, como evidencian os transfuguismos.

Os casos, pois, de sincera entrega persoal merecen un tratamento especial, porque configuran a súa personalidade con lamentables baleiros reais, que substitúen por imaxinarios presupostos e tópicos prexuízos. Nestes supostos, estes afiliados, incapaces de obxectivar os propios erros ideolóxicos, buscando atribucións nos adversarios políticos, sen relevalos das súas responsabilidades, son merecedores dunha consideración pedagóxica, que os mesmos asesores non deberían descoidar, para facilitarlles a corrección persoal, introducindo tamén medidas correctoras nos contidos ideolóxicos, no caso de estimarse necesarias.

Polo que respecta a intelixencia, reparando que moitas veces son persoas moi capacitadas as que se observa que caen nesta situación, talvez sexa conveniente recordar como funciona a intelixencia humana en comparación coa artificial, en cuxa análise podemos encontrar algunha explicación xustificativa desas estrañas actitudes, que incluso faciliten un cambio positivo das mesmas.

Parece que se pode afirmar que os procesos da nosa mente foron xurdindo como o resultado dunha nova estrutura cerebral, que – considerado o cerebro como un sistema – mediante un proceso evolutivo e de desenrolo (proceso evo – devo), foi enriquecendo as súas funcións, das que emerxeron novos resultados consecutivos. Dito dunha maneira máis comprensiva, o desenrolo evolutivo do cerebro introduciu, pouco a pouco, resultados dun valor cualitativo cada vez de maior nivel.

Todo isto non é difícil de comprender; pero, non obstante, o que adoitamos perder de vista é que a súa sistematización non se pode estudar con independencia dos demais compoñentes do noso corpo, e debe quedarnos moi claro que somos un sistema único, algo que se evidencia, segundo os estudosos, nas pegadas que nos ofrece o Proxecto Xenoma Humano. Isto fai que os avances neurocientíficos se presenten comprometidos coa ciencia, a filosofía e a ética.

Inda que noutra liña, Howard Gardner, psicólogo, investigador e profesor da Universidade de Harvard, moi coñecido polos seus traballos de investigación nas capacidades cognitivas do home, que levaron a formular a teoría das intelixencias múltiples, establece diferenzas entre a intelixencia do home, dos animais e a IA (Intelixencia Artificial). Unha distinción que hoxe se cuestiona, con argumentos que levan a considerables consecuencias de orden filosófico e ético.

Entendamos aquí, para simplificar, a intelixencia como a capacidade de resolver problemas e elaborar produtos, que, polo seu valor, sirvan para utilizar nun determinado contexto comunitario e cultural, e, ademais de considerar o cerebro como integrante do sistema arriba indicado, resulta implicado funcionalmente polo mesmo, é dicir, en relación co contexto comunitario e cultural, influentes moduladores da intelixencia. Este suposto ten unha relevancia especial como veremos máis abaixo, e, por tanto, é absolutamente necesario recordalo.

En cambio, a intelixencia artificial carece, per se, destas influenzas, e necesita da intervención da do home, mediante a técnica, para manterse en programación. Por exemplo, non ten a "capacidade" de manexar o CIRCULO HERMENÉUTICO, como a humana. Todo o cal lévanos a cuestionar a idea dunha intelixencia unitaria, que considera a humana e incluso a animal e a artificial esencialmente iguales. Polo tanto, establecemos o presuposto de que a intelixencia é plural, contextual, e distributiva, pois os seres humanos aproveitámonos dos avances uns dos outros mediante as interaccións.

Unha importante diferenza entre a intelixencia humana e a artificial está en que a mente humana funciona apoiada en leis cuánticas: da o salto do nivel macrofísico ao da conciencia, que está estudado que se rexe por leis propias da física cuántica. Por conseguinte, empeñarse en establecer unificacións das diferentes intelixencias, animais, artificiais e humanas parece que constitúe un erro de adicción pseudocientífica.

Volvamos a xa apuntada influenza do contexto comunitario e cultural na intelixencia humana e preguntémonos ata que punto persoas de indiscutible intelixencia e formación, incorporadas a funcións políticas dentro dun partido, cuns principios ideolóxicos (in)determinados, chegan a compartir, ao menos con pasividade, actitudes rexeitadas por maiorías sociais doutros ámbitos políticos, ou non políticos, en evidente disonancia co que se esperaba do seu talento. E non descartemos que o cambio de comunidade (por exemplo, do ensino á política) e o embarazoso cultivo ideolóxico, a modo dun apostolado, os leve a idolatrar unha ideoloxía ata o extremo de percibir como correctas as solucións que se producen en funcións gobernamentais no seo desta nova comunidade, debilitando, cando non perdendo, a súa tradicional obxectividade e acusando incluso unha acentuadas debilitación do sentido común rexente no seu contexto comunitario orixinal, substrato coadxuvante da súa capacidade intelectual.

Se recorro a unha exposición desta natureza para explicar eses cambios sorprendes en persoas de notable dotación intelectual, élles porque considero que existe un complexo amalgamado de ciencia, filosofía e ética: As perspectivas científicas poden ser plausibles cos apoios epistemolóxicos, máis ou menos discutibles; pero as filosóficas e éticas non é estraño que deveñan construcións teóricas de acomodo ideolóxico, convertendo os medios dunha intelixencia constituída en moduladores da súa constitución e que, precisamente por iso, non perden a influenza sobre as intelixencias operantes dentro dese marco ideolóxico, no que se xera, incluso, ás veces, unha penumbra que esvaece os límites entre o "sentidiño" e a ridiculez.
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES